26 de xuño de 2020

PONTEVEDRA

AXENDA FIN DE SEMANA 
27-28 XUÑO 2020  

LUÍS BARÁ – GALEGAS 12X

SÁBADO 27

10.00 h. CANGAS. (Punto de encontro: Fábrica de Massó). O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, xunto con cargos orgánicos e institucionais da comarca do Morrazo, participa nunha andaina entre Punta Balea-As Barreiras para reivindicar o patrimonio natural da Costa.

TUI. Guillarei. Estación de tren. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, xunto á tamén candidata Alexandra Fernández, ao deputado provincial e director do AECT Rio Minho Uxío Benítez, á eurodeputada Ana Miranda, e outros cargos orgánicos e institucionais reivindica a mellora da conexión ferroviaria con Portugal e a potenciación da Eurorrexión.

18.00 h. PONTESAMPAIO. Centro de saúde. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, xunto ao tamén candidato Manuel Lourenzo, participa nunha concentración para reclamar a reapertura do centro médico de Pontesampaio.

20.00 h. LALÍN. Hotel Palacio. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, xunto á tamén candidata Ariadna Fernández, e ao portavoz municipal en Paco Vilariño, participa nun mitin de campaña.

DOMINGO 28

12.00 h. BUEU. Praza Massó s/n. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, acompañado da tamén candidata Miriam Ferradáns, e do alcalde Félix Juncal, participa nun mitin de campaña.

20.00 h. VILAGARCÍA. Praza de Galicia. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, xunto aos tamén candidatos da comarca Montse Prado, Sandra Fernández Agraso e Xosé Leirós, e o deputado no Congreso Néstor Rego, participa no mitin nacional de campaña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario