26 de xuño de 2020

A GUARDA

O Concello de A Guarda contratou a 10 persoas desempregadas 

· Ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

O alcalde e a tenente de alcalde, con dous empregados do concello e ás 10 persoas que foron contratadas recentemente
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda
  
 O Equipo de Goberno Municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz vén de facer público que "dende fai uns días prestan servizo no Concello da Guarda 10 persoas desempregadas grazas ao Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais da Deputación de Pontevedra, que permitiu a súa contratación a través da liña 3. 

 Neste senso A Guarda conta con dous traballadores para axudantes do camión do lixo e 8 peóns limpadores, que traballarán ao longo de 7 meses. Ademais, tamén está prevista a incorporación de novo persoal os vindeiros meses, que contarán cunha xornada completa e a duración do contrato oscilará entre os 4 e os 6 meses. 

 En total contrataranse 14 persoas desempregadas, cunha achega por parte da Deputación de Pontevedra por valor de 134.943,27€".

Ningún comentario:

Publicar un comentario