26 de xuño de 2020

LABORAL

Nova protesta do comité de Vitrasa para reclamar compensacións polo ERTE, colocación de baños e máis seguridade  

· Os representantes sindicais desenvolveron unha concentración diante do Concello de Vigo 

O comité de empresa de Vitrasa desenvolveu hoxe unha nova mobilización
Foto: CIG


Infogauda / Vigo

 O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, desenvolveu hoxe unha nova mobilización no marco da campaña de protestas que puxo en marcha para denunciar os incumprimentos da empresa e do Goberno local a respecto da colocación de baños e mamparas, da aplicación do ERTE e das tarxetas moedeiro, así como en cuestións relativas á contratación e seguridade e hixiene nos autobuses e no taller.  

 Dende a representación sindical sosteñen que continuarán coas concentracións até que as súas demandas sexan atendidas e instan o alcalde -“que respondeu negativamente ás nosas solicitudes”- e ao concelleiro responsábel a manter unha xuntanza para achegar posturas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario