O Sergas realizará test de detección da covid a
tripulacións de frota de altura e gran altura nos hospitais de Vigo,
Santiago, A Coruña e Burela
A
tal efecto, hoxe pola mañá, coa presenza dos conselleiro de Sanidade e
da conselleira do Mar, asinouse un convenio de colaboración entre o
Sergas e o Instituto Social da Mariña, sendo Galicia a primeira
comunidade autónoma en facelo

Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
O Servizo Galego de Saúde realizará test
serolóxicos de detección do coronavirus a todos os tripulantes de buques
de pesca que realicen mareas superiores aos dez días de duración e non
teñan posibilidade de asistencia médica a menos de dúas horas dende a
súa ublicación no mar (frota de altura e gran altura).
En función
do resultado da proba e da presenza ou non de sintomatoloxía, o
facultativo do Instituto Social da Mariña, que é o profesional que fará o
test facilitado polo Servizo Galego de Saúde, poderá tomar a decisión
de completar o proceso de acordo co protocolo clínico, nos hospitais do
Sergas de Vigo, Santiago, A Coruña e Burela, no prazo máximo de 48
horas.
Garantías sanitarias
O sector pesqueiro amosou o
seu interese por articular os intercambios de información e traslado dos
posibles casos de coronavirus entre os tripulantes, así como pola
implementación de medidas sanitarias específicas e áxiles, que eviten
demoras innecesarias ou períodos de inactividade ou bloqueo no normal
desenvolvemento da campaña.
Esta iniciativa de detección do
coronavirus a tripulacións de frota de altura e gran altura,
consecuencia dun acordo asinado hoxe entre o Servizo Galego de Saúde e o
Instituto Social da Mariña, e que contou coa presenza do responsable
sanitario da Xunta, Jesús Vázquez Almuiña; e da conselleira do Mar, Rosa
Quintana, convirte a Galicia na primeira comunidade autónoma en
asinalo; e suporá a inclusión da covid nos estudos epidemiolóxicos
realizados polo ISM, así como a súa utilización para a posta en marcha
de campañas de divulgación e prevención sanitaria.
Igualmente,
suporá a inclusión na formación dos tripulantes de aqueles aspectos de
hixiene, prevención e control de casos de contaxio por covid e a
aprobación, por parte do antedito Instituto, dun conxunto de medidas
hixiénico sanitarias para os traballadores do mar e outras persoas a
bordo de embarcacións en relación co coronavirus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario