A Agrupación Musical do Rosal comezará esta semana a ensaiar ao aire libre
Para os ensaios pecharase ao tráfico a rúa situada entre o auditorio municipal e o centro de saúde, dous días á semana, de 21:30 a 23:30 horas
Ao longo de todo o verán, a Agrupación Musical do Rosal celebrará os seus ensaios dous días á semana de 21:30 a 23:30 horas, tempo durante o que a rúa lateral do auditorio permanecerá pechada ao tráfico rodado
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
A Agrupación Musical do Rosal retomará esta mesma semana os ensaios tras o parón pola crise da Covid-19. Para garantir todas as medidas de prevención e seguridade marcadas polas autoridades sanitarias todos os ensaios realizaranse ao aire libre na rúa situada entre o auditorio municipal e o centro de saúde.
Ao longo de todo o verán, a Agrupación Musical do Rosal celebrará os seus ensaios dous días á semana de 21:30 a 23:30 horas, tempo durante o que a rúa lateral do auditorio permanecerá pechada ao tráfico rodado.
Esta nova modalidade de ensaio ao aire libre comezará este mesmo venres 26 e o sábado 27 de xuño. Despois, a Agrupación Musical do Rosal irá mudando semanalmente os días de encontro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario