Últimos días para inscribirse nos cursos de deporte en familia, que comezan en xullo na fortaleza de Goiáneno parque da Feira de Tomiño
A OMIX informa que están abertas as inscricións para todas as actividades na páxina web municipal
A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Tomiño, está situada xunto ao Campo da Feira
Foto: C.T.
Infogauda / Tomiño
A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) lembra que están abertas as inscricións para os cursos de deportes de verán (Hiphop, Danza en Familia, Zumba en Familia, Ioga para adultos e para bebés e Mindfulness en Familia) organizados polo Concello e que comezan o vindeiro 1 de xullo, de forma simultánea, na fortaleza de Goián e no parque da Feira (O Seixo).
A inscrición a estas actividades, pode realizarse de xeito individual ou en grupo (de familiares, amigos, amigas, etc.), entrando no seguinte enlace da páxina web municipal: https://tomino.gal/programacion-de-veran-en-familia-2020/.
HIP HOP
Dirixido a persoas de 12 anos en adiante; as clases estarán baseadas na improvisación, que permite unha comunicación libre e unha forma de expresión e desafogo emocional. O alumnado recibirá as ferramentas técnicas, vocabulario e formas de movemento que lle permita coñecer o estilo e adaptalo ao seu corpo.
A OMIX oferta dous cursos de 9 horas de duración; un en Goián (Fortaleza de San Lourenzo) e outro en Tomiño núcleo urbano (parque da Feira) cunha frecuencia dunha hora á semana. En Goián, as clases serán os luns de 10.00 a 11.00 horas, e en Tomiño, o mesmo día de 11.30 a 12.30 horas. O prezo é de 5 € por persoa ao mes.
DANZA EN FAMILIA
Admitiranse crianzas a partir dos 3 anos acompañados dos seus pais ou familiares. Nesta actividade, xogarase cos corpos a través de ferramentas que proveñen da asociación onde se entra en contacto para moverse, e axudarse a crear figuras etc.
Ofértanse tamén dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira). Duración: unha hora semanal. Horario de Goián, mércores de 9.30h a 10.30h, e en Tomiño venres de 9.30h a 10.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores de 12 anos, gratis).
KUNDALINI IOGA
Destinado a persoas adultas (a partir de 12 anos). A práctica do ioga ten múltiples beneficios e axuda a mellorar a saúde física, mental e emocional, a través da respiración, posturas físicas, meditación e relaxamento.
Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. A partir de 3 anos e sen límite de idade. Horario: Goián, venres de 10.30h a 11.30h, e en Tomiño mércores de 10.30h a 11.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores de 12 anos, gratis).
ZUMBA EN FAMILIA
É posible inscribirse nesta actividade de xeito individual ou en familia. A zumba consiste nun exercicio aeróbico onde se combinan os ritmos latinos básicos como merengue, salsa, cumbia etc. O obxectivo principal é facer exercicio dun xeito divertido.
Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. A partir de 3 anos e sen límite de idade. Horario: Goián, martes de 9.30h a 10.30h, en Tomiño xoves de 9.30h a 10.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores de 12 anos, gratis).
PILATES EN FAMILIA
É posible inscribirse nesta actividade de xeito individual ou en familia. Disciplina dirixida a fortalecer e alongar a columna e activar o abdome traballando conxuntamente co resto do corpo.
Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. A partir de 3 anos e sen límite de idade. Horario: Goián, martes de 10.30h a 11.30h, en Tomiño xoves de 10.30h a 11.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores de 12 anos, gratis).
IOGA PARA BEBÉS
Impartido por unha profesional con ampla formación e experiencia na materia. O ioga para bebés é un hábito saudable que favorece a relaxación, o benestar físico e a conexión emocional entre bebés e proxenitores.
Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira). Duración: unha hora semanal. Para bebés ata 18 meses e sen límite de idade. Horario: Goián, xoves de 11h a 12h, en Tomiño martes de 11h a 12h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores, gratis).
MINDFULNESS E IOGA FAMILIAR
As persoas interesadas poden inscribirse de xeito individual ou en familia (a partir de 3 anos). Van traballarse técnicas de respiración, posturas de ioga e movemento corporal e relaxación. O obxectivo principal é traballar fisica, mental e emocionalmente.
Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. Inicio: xullo. Para bebés ata 18 meses e sen límite de idade. Horario: Goián, martes de 12.30h a 13.30h, en Tomiño xoves de 12.30h a 13.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores, gratis).
Ningún comentario:
Publicar un comentario