1 de xuño de 2020

GALIZA

A CIG RECRAMA Á XUNTA TESTS AO PERSOAL DE PRISÓNS



 A Xunta de Galiza comprometeuse a facer tests do Covid-19 a todo o colectivo de Policía e Garda Civil do noso país, independentemente de que presenten síntomas ou non, pero ao mesmo tempo contesta por escrito a unha petición da CIG para que se fixeran nos centros penitenciarios galegos manifestando que só se farán nos casos que se teñan síntomas (cadro clínico de infección respiratoria aguda). 

 Igual que aplaudimos e valoramos positivamente a súa actitude cando se fixeron os tests aos traballadores/as do Imserso polo ámbito pechado da institución e vulnerabilidade das persoas residentes, non entendemos que se obvie que nas cadeas galegas se dan unhas condicións similares, e que se esquezan dun colectivo de máis de 5.000 persoas entre traballadores/as e persoas privadas de liberdade.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario