24 de xuño de 2020

GALICIA

O VINDEIRO XOVES 25 DE XUÑO AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS CIG, CCOO,CSIF E UGT CONVOCAN A 5ª XORNADA DE LOITA NOS CENTROS SOCIAIS RESIDENCIAIS DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL



 As Organizacións convocantes: 

• Destacamos o inmobilismo da Consellería que logo dun mes de mobilizacións segue sen convocarnos a unha mesa de negociación para tratar a mellora das condicións laborais (recuperación artigos que se manteñen recortados no convenio colectivo dende o ano 2012) e da urxencia do fortalecemento das residencias para prepararnos ante posibles novas situacións de emerxencia sanitaria. 

 • Denunciamos a falla de vontade de negociación da Consellería

 • Recordamos a necesidade dunha rede pública de atención as persoas forte e equipada co material e persoal suficiente. 

 Para reclamalo o persoal das residencias de maiores, centros de menores e centros de atención a persoas con discapacidade sairán en concentración diante dos seus centros de traballo nunha nova xornada de loita este xoves 25 de xuño. 

 Data: Xoves, 25 de xuño de 2020 

 Hora: Entre as 11:00 e as 11:30 horas 

 Aínda que as concentracións se van a realizar a partir das 11 da maña nos centros de toda Galicia, sinalamos as que convocamos como referencia para medios de comunicación:

• Ferrol: Residencia Maiores Caranza 
• Coruña: Residencia Maiores Oleiros, Torrente Ballester e CAPD Coruña 
• Santiago: Residencia de Maiores de Volta do Castro 
• Lugo: Residencia de Maiores As Gándaras. CAPD Sarria 
• Ourense: Residencia de Maiores Nosa Sra. dos Miragres (Cabeza de Vaca) 
• Pontevedra: Residencia de Maiores Campolongo (Convocatoria Nacional) 
• Vigo: CAPD Chapela e o CARPD Vigo

Teléfonos de contacto: 
CIG: Zeltia Burgos - 639 35 70 77 
CCOO: Emilio Doforno - 686 456 822 
CSIF: Jose Francisco Sanchez-Brunete - 660 698 054 
UGT: Lino Diaz - 686 574 021

Ningún comentario:

Publicar un comentario