24 de xuño de 2020

A GUARDA

A ASOCIACIÓN DE REDEIRAS ATALAIA ESTREA NOVA IDENTIDADE GRÁFICA

Deseñada por Amalia Puga Cividanes 



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Amalia Puga Cividanes (Vigo, 27-11-1996), deseñadora de producto e autora do proxecto Entre Redes, que en xullo de 2019, participou no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, expondo a carón das compoñentes da Asociación de Redeiras Atalaia de A Guarda; vén de crear unha nova identidade gráfica para esa asociación. 

 Ao mesmo tempo Amalia Puga abriulle "unha nova conta en Instagram, onde - segundo dixo a este cronista - iremos subindo contido acerca da súa tradición, técnicas e proxectos novos nos que estamos traballando". 

 Amalia Puga e seu proxecto Entre Redes, contribúen a dar máis visibilidade ao colectivo de artesás traballadoras que forman parte da activa e creativa Asociación de Redeiras Atalaia de A Guarda.

 A ligazón ao Instagram da Asociación de Redeiras Atalaia é a seguinte: https://www.instagram.com/redeiras.atalaia/

Ningún comentario:

Publicar un comentario