17 de xuño de 2020

A GUARDA

O Equipo de Goberno Municipal informa a cidadanía 

Sobre cuestións relacionadas coa transición cara a nova normalidade 

Vista parcial dos xardins e parque infantil da Alameda de A Guarda
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Equipo de Goberno do Concello de A Guarda vén de facer público que reuniuse o martes día 16 [de xuño de 2020] para valorar as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia cara á nova normalidade e tomar posición respecto a distintas cuestións que afectan directamente aos veciños e veciñas da Guarda

ABERTOS AO PÚBLICO OS PARQUES INFANTÍS, ÁREAS BIOSAUDABLES E ZONAS DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE

 Tal como recomenda o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicado o sábado 13 de xuño, o concello adoptou a decisión de abrir os parques infantís, de biosaudables e zonas deportivas ao aire libre, tendo en conta que os usuarios deben utilizalos con responsabilidade e respectar as distancias de seguridade. O concello pola súa parte realizará nestas instalacións unha desinfección diaria e extremará as medidas de limpeza. En canto a esta cuestión o concello reclama á Xunta de Galicia que habilite liñas de financiamento para aplicar as medidas de seguridade e hixiene necesarias para manter abertos os parques infantís

AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO, EN LUGARES PÚBLICOS NON ESTÁN AUTORIZADAS

 En canto as fogueiras de San Xoán e San Pedro, seguindo as recomendacións da Xunta de non autorizar eventos populares ata o 1 de xullo se a evolución da situación epidemiolóxica así o aconsella, o concello non autorizará a realización de lumaradas en lugares públicos

NON HABERÁ CAMPAMENTOS URBANOS COMO EN ANOS PRECEDENTES

 Respecto dos campamentos urbanos, a decisión do equipo de goberno é a de non realizalos tal e como se viñan facendo os veráns anteriores, dada a dificultade de manter as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias e na liña das decisións tomadas por outros concellos da contorna e da propia Deputación de Pontevedra. Sendo conscientes das dificultades en cuestión de conciliación laboral o concello está estudando realizar actividades para familias sempre mantendo a seguridade sanitaria

ESTÁN PREVISTAS REUNIÓNS COA COMISIÓN DE FESTAS DO MONTE SANTA TREGA E COAS BANDAS MARIÑEIRAS

 Finalmente, o Equipo de Goberno Municipal visto tamén que no DOG no que se publican as medidas cara a unha nova normalidade, a Xunta de Galicia, fala da posibilidade de permitir festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións das feiras a partir do 1 de xullo se a evolución da situación epidemiolóxica así o aconsella, os responsables municipais indican que teñen previsto manter durante a semana vindeira reunións coa comisión das festas do Monte e cos responsables das Bandas Mariñeiras para comunicarlle a súa postura e determinar as condicións nas que se podería realizar actividades na semana do Monte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario