17 de xuño de 2020

A GUARDA

O Concello mellora as instalacións da Oficina Municipal de Turismo  


· Despois de implantar todos os protocolos de hixiene e seguridade para evitar os riscos de contaxio do Covid-19, a Oficina Municipal de Turismo estreará novas instalacións a comezos de xullo



O alcalde Antonio Lomba Baz e a concelleira de Turismo, Mª Elena Baz Rodríguez, supervisando ás obras das instalacions da Oficina Municipal de Turismo, ubicada na Praza do Reló
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Equipo de Goberno Municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz vén de comunicar que "de cara a mellorar as instalacións e ofertar unha imaxe de calidade aos visitantes, nestes intres se están a acometer as obras na Oficina Municipal de Turismo da Praza do Reló.  

 Dende o ano pasado esta Oficina ampliou os seus horarios e centralizou a atención de visitantes e peregrinos que, pola súa situación en pleno camiño de Santiago, realizaban unha parada na súa peregrinación.   

 Esta Oficina está integrada na rede de oficinas da Deputación de Pontevedra - Rede Info Rías Baixas e dende o ano pasado conta con informadores turísticos".   

 O executivo local indica tamén que "despois de implantar todos os protocolos de hixiene e seguridade para evitar os riscos de contaxio do Covid-19, a Oficina Municipal de Turismo estreará novas instalacións a comezos de xullo coa apertura ao igual que as demais oficinas da provincia".

Ningún comentario:

Publicar un comentario