A Xunta de Galicia porá a disposición dos concellos a plataforma Praias Seguras para facilitarlles a xestión do acceso dos cidadáns aos areais
Integrará a información do catálogo galego de praias do Instituto de Estudo do Territorio, que ofrece información xeográfica de cada areal para poder determinar a súa capacidade de carga máxima
O presidente
da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, os conselleiros de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e de Cultura e Turismo, Román
Rodríguez, no transcurso dunha reunión de traballo, na que tamén
participou a directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de
Galicia (Amtega), Mar Pereira
Foto: X.G.
Foto: X.G.
A Xunta presentará nos vindeiros días á Fegamp esta ferramenta para que os concellos interesados poidan adherirse ao seu uso
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coñeceu da man dos conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, esta iniciativa coa que anticiparse á previsible afluencia de visitantes a estas zonas
O obxectivo do Goberno galego é garantir o seu apoio á Administración local para sentar as bases dun modelo único, racional e coordinado para xestionar con seguridade estes espazos costeiros
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coñeceu da man dos conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, esta iniciativa coa que anticiparse á previsible afluencia de visitantes a estas zonas
O obxectivo do Goberno galego é garantir o seu apoio á Administración local para sentar as bases dun modelo único, racional e coordinado para xestionar con seguridade estes espazos costeiros
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia porá a disposición
dos concellos a plataforma Praias Seguras de Galicia para facilitarlles a
xestión do acceso dos cidadáns aos areais este verán. Esta ferramenta
permitirá aos cidadáns obter unha acreditación para acceder a unha
praia determinada nunha data seleccionada, cun mecanismo similar ao
empregado na praias das Catedrais.
A plataforma integrará a información do catálogo galego de praias do Instituto de Estudo do Territorio, que ofrece información xeográfica de cada areal para poder determinar a súa capacidade de carga máxima.
A plataforma integrará a información do catálogo galego de praias do Instituto de Estudo do Territorio, que ofrece información xeográfica de cada areal para poder determinar a súa capacidade de carga máxima.
Nos vindeiros días a
Xunta de Galicia presentará a plataforma á FEGAMP para que aqueles concellos
interesados en empregala poidan adherirse ao seu uso a través da
sinatura dun convenio. O obxectivo é facilitar mecanismos de apoio para
poder afrontar en condicións de seguridade a previsible afluencia ás
praias durante o verán e establecer á vez medidas que procuren evitar a
propagación do COVID-19.
Así llo expuxeron esta mañá ao presidente
da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, os conselleiros de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e de Cultura e Turismo, Román
Rodríguez, no transcurso dunha reunión de traballo, na que tamén
participou a directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de
Galicia (Amtega), Mar Pereira, para abordar a necesidade de xestionar os
areais galegos de maneira axeitada e coordinada. Neste sentido, os
conselleiros ofrecéronlles aos concellos a súa colaboración a través da
información xeográfica dispoñible sobre os areais galegos,
facilitándolles o establecemento dos novos criterios que deberán fixar
para o acceso ás praias nos próximos meses.
En concreto, a
Consellería de Medio Ambiente, a través do Instituto de Estudos do
Territorio, dispón do visor do Catálogo de Praias de Galicia, que
permite obter datos sobre a superficie exacta de cada areal e outra
información moi valiosa para poder determinar a súa capacidade de carga
ou ocupación máxima, en función dos criterios que se fixen por parte do
Goberno do Estado.
Cómpre precisar que a comunidade conta con 960
praias que suman máis de 18,75 millóns de metros cadrados de superficie,
concentrando a provincia da Coruña a meirande parte delas (454 praias),
seguida de preto por Pontevedra (con 414) e Lugo (92). En canto ao
aforo máximo das praias galegas, está calculado nun total de 939.520
persoas, un dato interesante se se analiza praia por praia posto que
pode axudar a calcular un determinado grao de ocupación.
Deste
xeito, como explicou Vázquez Mejuto, a Xunta quere anticiparse e afondar
na necesidade de afrontar a xestión das praias de forma coordinada, sen
menoscabo por suposto das competencias municipais pero asumindo que no
verán recibirán unha elevada carga de visitantes.
Segundo
explicou, “sería extremadamente favorable para Galicia utilizar un
criterio estándar” xa que permitiría actuar de forma coordinada e en
base a un modelo común para calcular os aforos, evitando así
disparidades na xestión das distintas praias que poderían ocasionar
“confusión” entre os usuarios. “Isto tamén nos permitiría consolidar o
destino Galicia con máis forza e como destino seguro, o que sería
tremendamente positivo para o noso turismo”, subliñou.
Por iso, a
conselleira insistiu na oportunidade de acadar un consenso a nivel
galego sobre os criterios que os concellos van utilizar para o cálculo
dos aforos das praias este verán, sendo un bo punto de partida a
información xeográfica da que se dispón. Así, o seguinte paso será
convocar á Fegamp e aos representantes municipais dos concellos
costeiros para expoñerlles a situación, poñerse á súa disposición e
traballar xuntos para acadar un modelo raciones e consensuado de xestión
das praias.
Galicia, destino seguro
Neste sentido, o
conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, subliñou que esta
medida se enmarca na aposta da Xunta por impulsar Galicia como un
destino “fiable e de calidade” para favorecer a recuperación do sector
turístico e garantir a seguridade dos traballadores e usuarios. Lembrou
que o Plan de reactivación recentemente presentado polo Goberno galego
recolle un investimento de 5 millóns de euros en axudas públicas e
formación dirixida a aqueles negocios que precisen acometer actuacións
que se deriven da súa aplicación.
egundo o titular de Cultura e
Turismo, tras a crise sanitaria vai ser máis necesario que nunca
posicionar a nosa Comunidade como un destino seguro “non só a nivel
nacional e internacional, senón entre os propios galegos”. Para logralo,
insistiu na importancia de actuar “coa máxima anticipación”, tomando as
medidas precisas con rigor e axilidade para minimizar o impacto
económico da crise e favorecer a reactivación do turismo galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario