A Xunta de Galicia apoia 14 proxectos de pemes galegas que van
mobilizar máis de 1M€ para a fabricación de medios de protección fronte
ao COVID-19
O
Comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a
protección dos traballadores avaliou hoxe estes proxectos aos que a
Xunta achega ao redor do 70 por cento, preto de 750.000 euros
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde
Foto: X.G.
Catro destes proxectos van dirixidos á fabricación de máscaras, o que permitirá dispoñer en Galicia de 300.000 unidades diarias
Vanse fabricar, tamén, pantallas protectoras, mamparas, xeles e solucións desinfectantes, biocidas ou sistemas de control de temperatura, entre outros
Trátase das primeiras iniciativas que aprobadas a través da liña de financiamento de 2,5 millóns de euros que o Goberno galego puxo en marcha para apoiar ás empresas que queiran colaborar na fabricación deste material
Conde resalta que Galicia está demostrando que ten capacidade para aprovisionarse grazas ao saber facer da industria galega e ao compromiso de todo o tecido empresarial
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia vai apoiar 14 proxectos de pemes galegas que mobilizarán máis
de 1 millón de euros para a fabricación de material sanitario e de
protección laboral. O Comité de fabricación de equipamento sanitario e
de material para a protección dos traballadores -que conforman as
consellerías de Economía, Emprego e Industria, Sanidade e Política
Social- avaliou hoxe estes proxectos aos que a Xunta achega ao redor do
70 por cento, preto de 750.000 euros.
Trátase das primeiras
iniciativas que concorren á liña de financiamento de 2,5 millóns de
euros que a Xunta puxo en marcha para apoiar as empresas que queiran
colaborar na fabricación deste material. Son axudas de ata 100.000 euros
para cubrir os gastos ou investimentos que teñan que facer en
maquinaria e outras infraestruturas coa posibilidade de acceder a un
anticipo.
300.000 máscaras diarias
Segundo puxo de relevo o
conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, logo de
participar na xuntanza do comité, catro destes proxectos van dirixidos á
fabricación de máscaras, o que permitirá dispoñer en Galicia de 300.000
unidades diarias. Outros produtos que se van fabricar son pantallas
protectoras, mamparas, xeles e solucións desinfectantes, biocidas ou
sistemas de control de temperatura.
Conde apuntou que as pemes
beneficiadas pertencen a diferentes ámbitos como o da enxeñaría, a
maquinaria industrial, o sector TIC, a automoción ou a industria
química. A todas elas quixo agradecerlles que estean abertas a colaborar
e dar resposta á gran demanda que hai de medios de protección fronte ao
Covid-19. Neste momento, dixo, son unha importante fonte de
subministración deste material. Ademais, recoñeceu que para estas
empresas supón todo un reto porque van ter que reenfocar a súa
actividade produtiva e adaptar a súa infraestrutura, o cal non deixa de
ser todo un exemplo da capacidade que ten o tecido industrial galego
para responder ás demandas de cada momento.
Marketplace
Neste
contexto, o conselleiro lembrou que, no marco do Comité de Fabricación,
está operativa a plataforma Marketplace, onde provedores e sector
público rexistran as necesidades concretas dun determinado tipo de
material e a oferta que hai del. Ata o de agora, dixo, hai recollidas
máis de 170 ofertas de 117 empresas diferentes.
C onde concluíu
recoñecendo que esta pandemia esixe novos protocolos de prevención
sanitaria e, con eles, medios de protección adecuados. E, nese sentido,
resaltou que Galicia está demostrando que ten capacidade para
aprovisionarse grazas ao saber facer da industria galega e ao compromiso
de todo o tecido empresarial.
Empresa
|
Proxecto – Produtos a fabricar
|
PAZÓ SUAREZ, JAVIER
|
Pantallas faciais, respiradores e outros elementos en 3D
|
PLASCIES
|
Pantallas protectoras ProTetec
|
REINOSO FERNANDEZ, MANUEL
|
Mamparas
|
AIN ACTIVE
|
Máscaras
|
VALPER DESECHABLES
|
Máscaras
|
IMPRIMEVERDE
|
Mamparas
|
CELTCLINIC
|
Biocidas
|
ILEVERAUTO
|
Máscaras faciais
|
INGENIERÍA Y FABRICACIÓN DEL NORTE
|
Pantallas faciais
|
TRESICE INGENIERIA Y CONTROL
| Sistema integral de control de temperatura |
INLAMA, SOC.COOP.GALEGA
|
Mamparas
|
AYUDE IMPRESIONES
|
Mamparas
|
MARTÍNEZ PARAJÓ, ENRIQUE
| Xeles e solucións hixienizantes |
ESPOMASA POLIURETANOS
|
Máscaras
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario