O Encontro de Artistas Novos 'Cidade da Cultura' lanza unha nova convocatoria centrada esta vez no talento galego
Serán seleccionados 40 artistas para presentar o seu proxecto coa Ruta Xacobea como eixo nunha estancia de catro días no Gaiás entre o 23 e o 27 de agosto
Dirixido por Rafael Doctor, ofrece a
oportunidade de debater con artistas consolidados como Oliver Laxe,
Paula Rubio Infante, Chelo Matesanz e Carlos Aires
As persoas interesadas teñen desde hoxe e ata o 3 de xullo para enviar a súa candidatura a través do formulario dispoñible en www.cidadedacultura.gal
Infogauda / Galicia
As persoas interesadas teñen desde hoxe e ata o 3 de xullo para enviar a súa candidatura a través do formulario dispoñible en www.cidadedacultura.gal
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia vén de convocar unha nova
edición do seu Encontro de Artistas Novos (EAN) que en 2020 cumpre dez
anos ao redor da arte emerxente e a creación contemporánea. O EAN10
ofrece a corenta novos creadores a oportunidade de participar nunha
estancia de catro días no complexo da Cidade da Cultura durante a que
presentar o seu proxecto creativo, ademais de optar a realizar unha
intervención artística nas Torres Hejduk do complexo, co Camiño de
Santiago como eixo.
Como novidade nesta edición, e enmarcado no Plan de reactivación do sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados do coronavirus, a participación no programa estará circunscrita a artistas nados e/ou residentes en Galicia. Ademais, o programa sufrirá pequenas variacións, especialmente de tipo loxístico, para adaptarse ás limitacións de capacidade, distancias mínimas e outro tipo de recomendacións marcadas polas autoridades sanitarias e garantir que o encontro se celebre nas mellores condicións de seguridade para todos/as os/as participantes.
O EAN chega baixo a dirección, novamente, de Rafael Doctor, e cun formato xa consolidado no que teñen presentado os seus traballos ao redor de 600 creadores e creadoras ao longo das nove edicións previas do encontro. Os artistas emerxentes que acaden unha praza terán a oportunidade de entrar en contacto con outras traxectorias e procesos creativos a través dunha serie de conferencias impartidas por artistas de renome como o cineasta Oliver Laxe (París, 1982), recentemente premiado en festivais como Cannes ou os Goya co seu último filme O que arde.
O artista, comisario e conservador xefe da Fundación Granell, Eduardo Valiña; a comisaria de directora artística de JustMAD e JustLX, Semíramis González; e o xornalista e comisario Javier Díaz-Guardiola participarán tamén no encontro como observadores ou art followers, compartindo cos participantes a súa experiencia no apoio a novos talentos desde o mundo curatorial ou xornalístico. Co obxectivo de que este intercambio se produza en todas as súas vertentes, o EAN inclúe ademais visitas a centros de arte contemporánea como o CGAC ou a Fundación Granell.
Como novidade nesta edición, e enmarcado no Plan de reactivación do sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados do coronavirus, a participación no programa estará circunscrita a artistas nados e/ou residentes en Galicia. Ademais, o programa sufrirá pequenas variacións, especialmente de tipo loxístico, para adaptarse ás limitacións de capacidade, distancias mínimas e outro tipo de recomendacións marcadas polas autoridades sanitarias e garantir que o encontro se celebre nas mellores condicións de seguridade para todos/as os/as participantes.
O EAN chega baixo a dirección, novamente, de Rafael Doctor, e cun formato xa consolidado no que teñen presentado os seus traballos ao redor de 600 creadores e creadoras ao longo das nove edicións previas do encontro. Os artistas emerxentes que acaden unha praza terán a oportunidade de entrar en contacto con outras traxectorias e procesos creativos a través dunha serie de conferencias impartidas por artistas de renome como o cineasta Oliver Laxe (París, 1982), recentemente premiado en festivais como Cannes ou os Goya co seu último filme O que arde.
Relatores de prestixio
Esta edición incluirá tamén a presenza da artista interdisciplinar Paula Rubio Infante (Madrid, 1977), premio El Ojo Crítico 2015 de Artes Plásticas e VIII Premio ARCO a Jóvenes Artistas 2011; a artista plástica e profesora na facultade de Belas Artes de Pontevedra, Chelo Matesanz (Reinosa, Cantabria, 1964); e o creador multidisciplinar Carlos Aires (Ronda, Málaga, 1974), coñecido polos seus traballos de fotografía e escultura. Súmanse á longa lista de artistas que participaron no EAN como relatores, e que inclúe nomes da relevancia de Berta Cáccamo, Menchu Lamas, Din Matamoro, Enrique Marty, Ramón Balsa, Daniel Canogar ou Sandra Gamarra.Do 23 ao 27 de agosto
O programa –a desenvolver entre o 23 e o 27 de agosto– incluirá o xa clásico Foro Aberto, no que os e as corenta participantes realizarán unha presentación pública centrada no seu traballo e proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. Recoñecidas figuras como Lois Patiño, Jesús Madriñán ou Nuria Güell estiveron entre os participantes seleccionados nas diferentes edicións do Encontro, cando comezaban a abrirse paso no mundo da arte.O artista, comisario e conservador xefe da Fundación Granell, Eduardo Valiña; a comisaria de directora artística de JustMAD e JustLX, Semíramis González; e o xornalista e comisario Javier Díaz-Guardiola participarán tamén no encontro como observadores ou art followers, compartindo cos participantes a súa experiencia no apoio a novos talentos desde o mundo curatorial ou xornalístico. Co obxectivo de que este intercambio se produza en todas as súas vertentes, o EAN inclúe ademais visitas a centros de arte contemporánea como o CGAC ou a Fundación Granell.
Intervención artística arredor do Camiño
O programa complétase coa opción de realizar unha intervención artística efémera nas Torres Hejduk do complexo, unha iniciativa coa que a Cidade da Cultura amosa a súa aposta polo talento emerxente, cedéndolle un espazo expositivo non convencional. Ao igual que a anterior edición, o VIII Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk terá como eixe a Ruta Xacobea, profundando na relación entre a Cidade da Cultura e o Camiño de Santiago aproveitando que a Vía da Prata discorre no seu último tramo paralela ao Monte Gaiás e tamén a propia conexión visual entre as Torres Hejduk e as torres da catedral compostelá.Solicitudes ata o 3 de xullo
Os
artistas emerxentes interesados en seren seleccionados para participar
no EAN10 deberán enviar a súa solicitude antes das 15,00 horas do 3 de
xullo xunto á documentación requirida ao enderezo electrónico
encontro@cidadedacultura.org. As bases completas poden consultarse en www.cidadedacultura.gal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario