Acordos dos grupos municipais con representación no Concello
A raíz da proposta do BNG de medidas urxentes no plano económico e social
Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda
Foto: BNG
Foto: BNG
Infogauda / A Guarda
No debate en pleno celebrado no día de onte a raíz da proposta presentada polo Grupo Municipal do BNG de medidas urxentes a desenvolver polo Concello de A Guarda para combater a crise económica e social provocada polo COVID -19, os grupos municipais do Concello acordaron a creación dunha mesa técnica para concretar as medidas económicas e sociais a levar adiante cos informes económicos e xurídicos que procedan para poder facelas efectivas no menor prazo posible de tempo e dentro da legalidade.
Tamén se acordou a creación dunha mesa local do emprego na que participen asociacións de comerciantes, confraría de pescadores, asociación pesqueiras e sindicatos ademais das organizacións políticas.
Ao mesmo tempo aprobouse a supresión das taxas as terrazas municipais así como dirixirse a portos de Galiza e Costas do Estado con competencias sobre terrazas para que apliquen a mesma medida.
O portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente declarou: “Considero de moito interés o debate xenerado en torno a moción que presentou o BNG e agardo que as medidas que nós propoñemos coas enmendas que sexan necesarias por parte dos outros grupos enriquezan o documento que presentamos polo ben de todo o vecindario da Guarda”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario