O concello posibilitará a ampliación de terrazas e o espazo do mercadillo dos sábados
• O alcalde da Guarda, trasladará á próxima Mesa de Comercio, a intención do executivo local de permitir a ampliación da superficie que o sector hostaleiro adica a terrazas que se atopan en solo de competencia municipal
Na imaxe, o alcalde e demáis membros da Corporación Municipal, asistidos pola Secretaría do Concello de A Guarda, na sesión plenaria extraordinaria e urxente, celebrada na mañá de onte
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
No pleno extraordinario e urxente, celebrado na mañá de onte martes día 5 de maio, aprobouse inicialmente a exención da taxa de terrazas do exercicio 2020 para todas aquelas que sexan competencia municipal. Asemade, o alcalde Antonio Lomba Baz trasladará unha solicitude a Portos de Galicia e Costas do Estado, respectivamente, para que adopten as mesmas medidas nas terrazas en zonas dad súas competencias, apelando a que todas as administracións deben poñer o seu gran de area para facilitar a recuperación económica.
Na mesma liña, diante da inminente apertura das terrazas ao 50% da súa ocupación, que se producirá o luns día 11 deste mes, coa entrada da fase 1 da chamada "desescalada", ou transición cara a unha nova normalidade, o equipo de goberno iniciou o estudo das zonas nas que é posible permitir a ampliación do espazo adicado as terrazas, ben porque están situadas en zonas sen tráfico ou valorando a posibilidade de restrinxir a circulación. Por iso, o
alcalde da Guarda, trasladará á próxima Mesa de Comercio, cuxa celebración está
prevista para a vindeira semana, a intención do executivo
local de permitir a ampliación da superficie que os bares, cafeterías e
restaurantes, adican a terrazas que se atopan en solo de competencia
municipal.
Asemade, e para facilitar as medidas excepcionais de distanciamento social vaise ampliar o espazo adicado ao mercado dos sábados. Dese xeito, preténdese aumentar a distancia entre os postos do mercado e unha correcta circulación dos veciños que acudan ao mesmo.
Continuando coa adopción de medidas cara a "desescalada", esta mesma semana desde o Goberno Municipal iniciáronse os contactos para contar coa implicación do sector empresarial da localidade, sobre todo daqueles sectores máis castigados pola situación de alarma, comercios e hostalería.
No pleno de onte tamén se aprobou un recoñecemento de facturas por importe de 26.000,00 euros, coa finalidade de trasladar a máxima liquidez as empresas e autónomos.
Por outra banda, fora da orde do día, a corporación municipal, acordou manter reunións de portavoces para estudiar medidas económicas cara á dinamización do sector comercial e hostaleiro da localidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario