26 de maio de 2020

A GUARDA

TRANS MIÑO SOLICITA A COLABORACIÓN CIDADÁ PARA A DONACIÓN E POSTERIOR REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE A POBOACIÓN 

Trans Miño – LGTBIQ+ queremos levar unha campaña de reparto de máscaras
Foto: X.C.V.


Xermán Cordero Verde / A Guarda

 Dende a sección Trans Miño, queremos poñer o noso graíño de area, nesta alerta sanitaria que estamos a pasar, e que aínda non rematou. Como todos sabemos dende o día 21 de maio fíxose extensible o uso obrigatorio de máscaras.  

 Dende Trans Miño – LGTBIQ+ queremos levar unha campaña de reparto de máscaras, por iso facemos un chamamento a todxs xs empresarixs que queiran participar con nos nesta iniciativa que nos doen unha caixa para que nós podamos facer unha campaña de reparto para que podan chegar o maior número de máscaras a poboación. A nosa pretensión e facer un reparto de entre 100 e 150 máscaras, de tipo cirúrxicas. 

Se queres participar tanto na doazón das máscaras como no reparto destas mesmas podes porte en contacto no teléfono da Ascociación Trans Miño 626 420 874 ou ben mándanos unha mensaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario