26 de maio de 2020

A GUARDA

A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

O venres 29 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Concello

Casa do Concello de A Guarda
Foto: Arquivo / C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, o alcalde Antonio Lomba Baz vén de facer pública a convocatoria do Pleno da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, para á celebración dunha sesión ordinaria, que terá lugar o vindeiro venres día 29 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Concello.

 Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

1.Aprobación da acta da sesión ordinaria do 31.01.2020, da sesión extraordinaria do 10.03.2020 e da sesión extraordinaria urxente do 05.05.2020 
2.Expediente 933/2020. DAR CONTA DOS DECRETOS AO PLENO 
3.Expediente 1564/2017. Dar conta dos reparos de Intervención nº 2/2020 a 19/2020 
4.Expediente 562/2020. DAR CONTA DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2019 
5.Expediente 2336/2017. Dación de conta PMP e Morosidade 4T 2019 e 1T 2020 
6.Expediente 2317/2018. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN PROXECTO ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL 
7.Expediente 2797/2019. PROPOSTA DA ALCALDÍA APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚMERO 6 DO PXOM 
8.Expediente 293/2020. MOCIÓN PRESENTADA POR CONVERXENCIA GALEGA PARA QUE AS PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA OU SIMILARES POIDAN DISFRUTAR DUNHAS FESTAS SEN RUÍDOS 
9.Expediente 976/2020. MOCIÓN PRESENTADA POLO BNG SOBRE AS PROPOSTAS DE MEDIDAS A DESENVOLVER POLO CONCELLO DE A GUARDA PARA COMBATER A CRISE SOCIAL E ECONÓMICA PROVOCADA POLO COVID19 
10.ROGOS E PREGUNTAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario