A XUNTA DE GALICIA LEVA ENTREGADAS AOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 358.897 UNIDADES DE MATERIAL DE PROTECCIÓN PARA FACER FRONTE AO COVID-19
· Segundo informou José Manuel Cores Tourís, no eido da Delegación Territorial de Pontevedra, dende o inicio do reparto repartíronse 212.649 unidades: 127.680 luvas, 79.170 máscaras, 5.799 traxes antisalpicaduras, batas e produtos de desinfección
· Ata o de agora, a administración autonómica enviou un total de 19.185 unidades de material de protección aos concellos da comarca do Baixo Miño
José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra
Infogauda / Pontevedra
A Xunta de Galicia, a través da delegación territorial de Pontevedra, ven de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos da súa área, de xeito que xa se levan entregadas 12.649 unidades, que se levan a 358.897 no caso de toda a provincia de Pontevedra.
Deste xeito, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que ata o de agora, repartíronse, nos 47 concellos da Delegación Territorial da Xunta: 127.680 luvas, 79.170 máscaras máscaras, e 5.799 traxes antisalpicaduras, batas e produtos de desinfección. No terceiro envío que se acaba de realizar esta semana, a Delegación Territorial enviou 16.300 luvas, 16.232 máscaras e 506 produtos de limpeza.
No que respecta a comarca do Baixo Miño, ata o de agora enviáronse un total de 19.185 unidades de material de protección: 11.600 luvas; 6.980 máscaras e 605 traxes, batas e produtos de desinfección.
O material está sendo destinado aos concellos para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, en Protección Civil e Policía Local, así como outros servizos municipais esenciais, segundo as informacións facilitadas polos propios municipios.
A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.
Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.
Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario