16 de abr. de 2020

O ROSAL

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui busca voluntarios para coser mascarillas, batas e gorros  

Trátase de material homologado que se subministrará a persoal de hospitais e residencias de anciáns   




Infogauda / O Rosal

 Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) quere achegar o seu gran de area durante esta crise sanitaria e está xa a elaborar máscaras, batas e gorros homologados para subministrar entre o persoal que traballa nos hospitais e nas residencias de anciáns. Para poder levar a cabo este labor buscan voluntarios e voluntarias con máquinas de coser na casa, tempo libre e ganas de axudar para superar entre todos e todas a pandemia provocada polo COVID-19. 

 A través desta iniciativa, chamada ‘Equipo Solidario de Batas, Mascarillas e Gorros’, a ONG xa está repartindo dende hai semanas todo o material fabricado entre o persoal encargado da atención sanitaria ou da atención de maiores.  

 Calquera persoa interesada en participar neste proxecto pode poñerse en contacto con SOGAPS chamando ao teléfono 678 72 73 82. Unha persoa encargarase de achegar ao domicilio dos voluntarios e voluntarias a tela xa cortada e encargarase tamén de recoller todo o material producido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario