A Xunta de Galicia avalía coa industria da automoción medidas para velar pola seguridade e a saúde dos traballadores
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) no que destacou a necesidade de combinar a reactivación da actividade coa protección do persoal
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Este sector presentou 57 solicitudes por un importe de 3,9M€ para acceder á nova liña de financiamento
Infogauda / Galicia
,
mantivo esta semana un encontro con representantes do Clúster de
Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) no que se avaliaron as
recomendacións a seguir en materia de seguridade, elaboradas pola Xunta a
través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga),
para seguir coordinados no obxectivo común de velar pola protección dos
traballadores.
A reunión enmarcouse na rolda de contactos que a
Administración autonómica está mantendo cos axentes económicos e sociais
e, nela, Conde lembrou que a prioridade é a seguridade e a saúde dos
traballadores e traballadoras. Por iso, a Xunta elaborou a Guía de
recomendacións preventivas de saúde laboral, que contou coa colaboración
dos propios clústers e que dispón de versións específicas por sectores,
incluída a automoción. Recolle recomendacións básicas que traballadores
e empresas deben ter en conta antes do comezo da actividade, nos
desprazamentos, nas distancias de seguridade, ou en canto a medidas
organizativas, de hixiene ou limpeza.
Outro dos asuntos que se
lles está a plantexar aos diferentes sectores produtivos son as medidas
económicas a curto prazo que se levan posto en marcha. Hai que ter en
conta que a automoción concentra o 14% das solicitudes de Erte
presentadas en Galicia. As empresas poden acceder, entre outras medidas,
á liña de financiamento para pemes e autónomos do Igape que recolle
préstamos de ata 200.000 euros bonificados pola Xunta para cubrir os
pagos de facturas, salarios, alugueiros ou impostos, entre outros. De
feito, xa se rexistraron 57 solicitudes por un importe de 3,9M€
vencelladas a este sector. Tal e como avanzou Francisco Conde, este
programa completarase con máis apoios para o medio e longo prazo,
pensando xa na reactivación económica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario