Galicia rexistra un total de 5.631 casos infectados por coronavirus Un total de 997 persoas xa foron dadas de alta
A día de hoxe hai 4.716 pacientes en seguimento nos seus domicilios
O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
Infogauda / Galicia
A Dirección Xeral de Saúde Pública da
Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número
de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.631, deles 1.151 son da
área da Coruña, 571 da de Lugo, 1.082 da de Ourense, 469 da de
Pontevedra, 1.074 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 321 da de
Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 149 permanecen en UCI,
766 están en unidades de hospitalización e 4.716 no domicilio. Polo de
agora, en Galicia rexistráronse 997 altas de pacientes e 318
falecementos.
O número de PCR realizadas é de 39.432.
A
Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación
interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o
contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso,
Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e
recomendacións e en vixilancia permanente.
Datos dos centros residenciais de servizos sociais
TOTAL
|
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
| |
NÚMERO DE CASOS
|
5.631
|
867 (usuarios)
|
365 (profesionais)
| ||
FALECEMENTOS
|
318
|
65 (en residencias)
|
60 (en hospitais e residencias integradas)
|
O
número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de
servizos sociais de Galicia supoñen o 3,5% do total das persoas
residentes.
Respecto das 4 persoas falecidas onte en centros residenciais, 1 foi na residencia DomusVi San Lázaro (Santiago de Compostela), 1 na residencia N.S. Fátima (O Barco de Valdeorras, Ourense), 1 na residencia N.S. de la Esperanza (Ourense) e 1 na residencia DomusVi Cangas.
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A
Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061
só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número
gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de
coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así
mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o
teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para
dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver
todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar
sintomatoloxía leve.
Recomendacións
Os técnicos da
Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven
reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e
o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase
adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do
virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así,
extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente
despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano
-preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón
de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o
nariz e a boca coas mans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario