10 de abr. de 2020

TOMIÑO

A Asociación Párkinson Baixo Miño está elaborando semanalmente un caderno con exercizos de estimulación cognitiva 

Para reforzar a memoria nestes momentos de quedar na casa 

Semanalmente, publicaremos máis cadernos cos enlaces para acceder a eles 



Informa: Concello de Tomiño

 A Asociación Párkinson Baixo Miño está elaborando semanalmente un caderno con exercizos de estimulación cognitiva para reforzar a memoria nestes momentos de quedar na casa. Pódese acceder libremente ao primeiro caderno no seguinte enlace: https://drive.google.com/open?id=1gJjiPstjud_ip0vT5xe39FUjmAjQ3ZVA 

 Semanalmente, publicaremos máis cadernos cos enlaces para acceder a eles. 

 Todas as persoas que queiran recibilos na súa casa en papel (sexan socias ou non, nestes momentos complicados estaremos ao servizo de toda a sociedade) teñen que poñerse en contacto con algunha persoa da xunta directiva ou enviar un correo a parkinsonbaixom@gmail.com indicando o nome e o enderezo onde queiran recibilo. 

 No reparto están colaborando os Servizos Sociais dos concellos, entre eles o de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario