O titular do Goberno galego compareceu este mediodía para avaliar o plan de desescalada anunciado polo Executivo central
Feijóo pide ao Goberno que non faga oídos xordos ás comunidades para de xeito coordinado e consensuado definir a mellor reactivación social e económica
Incide en que Galicia non pode avalar o plan de desescalada porque “ten serias lagoas de eficacia e utilidade” e “non foi negociado” coas comunidades
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe ao Goberno de
España que non faga “oídos xordos” ás comunidades autónomas
Foto: X.G.
Asegura que o documento conta “con algunhas luces e con moitas sombras”, avogando por que sexa un punto de partida no que poder avanzar para aprobar un texto definitivo na conferencia de presidentes do domingo
No que respecta á mobilidade, insiste en que se nas catro provincias galegas a situación epidemiolóxica é igual, o lóxico é que poida haber movementos entre elas, sen necesidade de esperar ata o 22 de xuño como mínimo
Resalta a necesidade de despexar as incógnitas sobre a duración do estado de alarma, xa que dificilmente se pode falar de pasar á nova normalidade se temos unha situación excepcional
Fai
fincapé na necesidade de coñecer os parámetros e as variables
sanitarias a partir das cales o Goberno vai autorizar en cada territorio
o paso á seguinte fase
Infogauda / Galicia
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe ao Goberno de
España que non faga “oídos xordos” ás comunidades autónomas para, de
xeito coordinado e consensuado, definir a mellor reactivación social e
económica.
Durante a rolda de prensa para avaliar o plan de
desescalada anunciado polo Executivo central, Feijóo incidiu en que as
comunidades son colaboradores necesarios e imprescindibles para, entre
todos, poder acertar ante a situación máis complexa que se recorda.
“Estamos xuntos nisto e compartimos o mesmo obxectivo, acadar unha
desescalada segura, prudente, progresiva e eficaz”, dixo, recordando que
as comunidades autónomas demostraron sempre lealdade e responsabilidade
e os cidadáns comportáronse cunha responsabilidade histórica; “polo que
o Goberno non pode actuar de costas aos que xestionamos a realidade e
somos responsables dos servizos de saúde e, en definitiva, dos
pacientes”.
“Estamos a falar dun plan que non foi negociado, nin
moito menos consensuado coas comunidades. Un plan que non foi presentado
en ningunha das conferencias de presidentes celebradas e que, desde
logo, Galicia non pode avalar porque ten serias lagoas de eficacia e
utilidade”, insistiu, avogando por que o documento presentado polo
Executivo sexa un punto de partida no que poder avanzar e aprobar un
plan definitivo na vindeira conferencia de presidentes, o próximo
domingo.
“Entramos nunha fase crucial da resposta á pandemia e a
mellor maneira de afrontala con acerto é traballando de forma coordinada
e leal, e non a golpe de imposicións do boletín oficial, con ordes
ministeriais que saen de xeito continuado e constante, nunha situación
dunha enorme improvisación”, abundou.
Sen tratamento específico para o rural e cunha mobilidade provincial
Ao
longo da súa intervención, Feijóo fixo unha primeira análise,
asegurando que o plan do Goberno para afrontar a desescalada conta “con
algunhas luces e con moitas sombras”, botando en falta, primeiramente,
un tratamento específico para o rural.
“Estamos a falar dun plan
pensado en realidades urbanas e non en realidades rurais”, dixo,
expoñendo tamén a necesidade de replantexar a mobilidade provincial.
Sobre este punto, lembrou que 270.000 galegos residen en municipios que
son limítrofes das provincias galegas. “Polo que a clave non é unha
delimitación administrativa de 1833, senón se os municipios limítrofes
teñen a mesma situación epidemiolóxica”, aseverou, sostendo que se nas
catro provincias galegas a situación epidemiolóxica é igual, o lóxico é
que poida haber movementos entre elas, sen necesidade de esperar ata o
22 de xuño como mínimo.
Deste xeito, o titular da Xunta incidiu en
que se teña en conta a área de saúde e non a provincia como unidade de
capacidade do sistema sanitario. “E parécenos que tamén debería de
falarse dos servizos de urxencias e emerxencias, ao igual que se fala da
atención primaria, hospitalaria e UCI, porque son a eles aos que chegan
os casos en primeiro lugar”, engadiu.
Así mesmo, destacou a
indefinición que existe dos criterios de reapertura en distintos
sectores económicos como, por exemplo, no comercio, na actividade
pesqueira ou na restauración; e resaltou a necesidade de despexar as
incógnitas sobre a duración do estado de alarma, xa que dificilmente se
pode falar de pasar á nova normalidade se temos unha situación
excepcional. “Non podemos manter sine die un mecanismo tan excepcional
na democracia”, recalcou.
O presidente da Xunta fixo fincapé tamén
na necesidade de coñecer os parámetros e as variables sanitarias a
partir das cales o Goberno vai autorizar en cada territorio o paso á
seguinte fase. “Descoñecemos cales son os criterios sanitarios exactos
aos que os territorios nos temos que someter para obter un resultado
obxectivo e incuestionable e que non dependa da vontade de
interpretación do Goberno central; e botamos de menos tamén un obxectivo
serolóxico que axude ao cambio de fase”, dixo, lamentando que o
documento non concrete para que valen os test epidemiolóxicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario