16 de abr. de 2020

GALICIA

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe en Vigo as instalacións de microbioloxía onde se levan a cabo as análises 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá en Vigo as instalacións de microbioloxía onde se levan a cabo as análises das probas diagnósticas (PCR)
Foto: X.G.

Galicia priorizará o uso dos 30.000 test de dobre banda en sanitarios en zonas COVID-19 de hospitais, doentes en urxencias e residencias  

A nosa Comunidade leva realizadas case 54.000 probas para detectar o coronavirus desde o arranque da pandemia

Infogauda / Vigo

  Galicia priorizará o uso dos 30.000 test de dobre banda que vén de recibir para os sanitarios que estean en zonas COVID-19 de hospitais, doentes en urxencias e persoal e usuarios de residencias. Así o vén de decidir nas últimas horas o comité clínico que asesora á Xunta de Galicia durante esta crise sanitaria.

 Estes test de dobre banda adquiridos pola Xunta permiten detectar positivos e coñecer cales son positivos activos e cales inmunizados. Así, e tendo en conta que serán vitais á hora de evitar novos contaxios, comezaranse a realizar nos servizos de urxencias para doentes que presenten infección respiratoria aguda; para o control de persoal de zonas COVID-19 en hospitais, tanto nas diferentes plantas destinadas en exclusiva para o coronavirus, como nas UCI e outros espazos; ao persoal e usuarios das residencias; e tamén para confirmar as PCR negativas nos doentes con sintomatoloxía.

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá en Vigo as instalacións de microbioloxía onde se levan a cabo as análises das probas diagnósticas (PCR), das que Galicia levaba realizadas dende o comezo da pandemia ata onte un total de 53.829 test.

 No caso concreto de Vigo, onde Feijóo estivo hoxe cos profesionais, realízanse cada día entre 900 e 1.500 PCR, grazas á instalación dun aparato no laboratorio central do Hospital Meixoeiro que ten incrementado substancialmente a capacidade diaria para realizar novas determinacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario