7 de abr. de 2020

EMPREGO

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA DEMANDANTES DE EMPREGO  

Quedan suspendidas as renovacións de demanda ata o 30 de abril. As tramitacións de prestacións ou subsidios faranse de oficio dende a Oficina de Emprego



Informa: Concello do Rosal
 

 Como consecuencia da situación xerada pola crise sanitaria e o estado de alarma para frear o COVID-19, adoptáronse diferentes medidas que teñen como obxectivo minimizar o impacto do coronavirus en persoas demandantes de emprego. Así:

  • NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril.
  • NON se dará de baixa ata o 30 de abril ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou que estean pendentes de presentar algunha documentación xustificativa.
  • NON se esixirá a acreditación de busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
  • Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
  • Quedan aprazadas as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, as prácticas non laborais, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego. Retomaranse cando remate a suspensión das actividades educativas.

 Por outro lado, a Oficina de Emprego de Tui recorda que os demandantes que fan a solicitude de prestación ou subsidio non necesitan activar a demanda de emprego: o Servicio Público de Emprego (SEPE) encárgase de enviar todos os datos necesarios e a oficina de emprego fan as solicitudes de oficio. As tarxetas de demanda serán enviadas aos domicilios das persoas demandantes á maior brevidade posible.

 Os traballadores transfronteirizos que necesiten solicitar un modelo U1 deberán facelo a través do correo electrónico CDSSViana-do-Castelo@seg-social.pt indicando nome completo, data de nacemento e número da seguridade social en Portugal (NISS).

 Para calquera dúbida a Oficina de Emprego de Tui pon a disposición dos veciños e veciñas os teléfonos de información e consulta 886 110 777 e 886 110 781 de 09.00 a 14.00 h ou o enderezo electrónico oficina.emprego.tui@xunta.es.


 Máis información en https://tinyurl.com/empregoxunta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario