A Comisión Municipal de seguimento do Covid-19, do Concello guardés da a coñecer ás novas medidas adoptadas
· A
Policía Local realizará o reparto de mascarillas e luvas a aquelas
persoas que formen parte de grupos de risco pola súa avanzada idade, cando localice a estas persoas pola rúa para facer compra; e a todos os veciños que o demanden
Presidida polo alcalde Antonio Lomba Baz, a Comisión Municipal de seguimento do COVID-19, reuniuse novamente no día de onte, facéndoo algúns dos seus membros de xeito presencial e outros por videoconferencia
Foto: C.A.G.
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz vén de facer público no día de hoxe, que na xornada deste luns día 6 de abril reuniuse no Salón de Plenos do concello de A Guarda a Comisión Municipal de seguimento do COVID-19, para facer unha valoración da situación actual e adoptar novas medidas, entre as que destacan:
-Intensificar a distribución de pantallas protectoras entre os establecementos que se atopen abertos ao público, por estar cubrindo necesidades esenciais e tamén coñecer se os mesmos teñen necesidades de outros EPIs.
-A Policía Local realizará o reparto de mascarillas e luvas a aquelas persoas que formen parte de grupos de risco pola súa avanzada idade, cando localice a estas persoas pola rúa para facer compra. Tamén suministrarán mascarillas ou luvas a todos os veciños [que] o demanden.
-Intensificar a localización e atención de persoas maiores que se poidan atopar soas e que necesiten algún tipo de apoio, como atención telefónica ou mesmo materiais de entretenemento para facer máis levadeiro o confinamento. Para esta labor demandarase a colaboración veciñal e contarase co apoio de voluntariado.
Estas son as medidas adoptadas na xuntanza da Comisión de seguimento COVID-19 do Concello de A Guarda, presidida polo alcalde, Antonio Lomba, cuxos membros reuníronse como cada luns, presencialmente, nalgúns casos, xa que outros compoñentes fixéronno por videoconferencia; para informar da evolución de tódalas medidas e actuacións que está tomando o concello.
Isto parámolo se quedas na casa. Gracias pola túa colaboración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario