A BRILAT colabora nas tarefas de desinfección da Residencia Monte Tecla, de Camposancos
A dirección do centro quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos familiares dos usuarios e ao resto da cidadanía, informando que, nestes intres, non hai casos de contaxio
A dirección do centro quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos familiares dos usuarios e ao resto da cidadanía, informando que, nestes intres, non hai casos de contaxio
Infogauda / Camposancos (A Guarda)
O executivo municipal do concello de A Guarda, vén de facer público que as xestión feitas entre o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba García, posibilitaronn que este venres día 3 de abril, integrantes da BRILAT se trasladaran ata nosa localidade para realizar tarefas de desinfección na Residencia Monte Tecla, sita na paraxe das Lagoas, en Camposancos (A Guarda).
Esta operación forma parte da campaña de desinfección masiva das residencias e centro de maiores que as Forzas Armadas están realizando en coordinación coa delegación do Goberno en Galicia.
Dende o concello de A Guarda e a dirección co centro de maiores agradecen o traballo realizado, que se suma ao protocolo de seguridade e prevención que se realiza dende a propia residencia. Dende que comezou o estado de alarma o concello ven prestando especial atención a este centro ao que ofreceu a súa total colaboración.
Asi mesmo a dirección do centro quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos familiares dos usuarios e ao resto da cidadanía, informando que, nestes intres, non hai casos de contaxio e que se están a tomar todas as medidas de prevención posibles para cuidar dos nosos maiores.
Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario