A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ UN PLENO EXTRAORDINARIO E URXENTE
· O martes día 5 de maio ás 9:00 horas, no salón de sesións do Concello
Infogauda / A Guarda
O alcalde do Concello de A Guarda vén de facer pública a convocatoria dunha sesión plenaria extraordinaria e uxente, para o martes día 5 de maio, ás 9:00 horas, no salón de plenos. A devandita convocatoria está motivada na "necesidade de pago de facturas e modificación da ordenanza fiscal".
Na orde do día desa sesión figuran os seguintes asuntos:
1. Xustificación da urxencia.
2. Expediente 730/2020. Proposta da alcaldía recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2020.
3. Expediente 823/2020. Proposta da alcaldía de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública.
4. Expediente 810/2020. Moción presentada polo BNG "Propostas de medidas urxentes a desenvolver polo Concello de A Guarda para combater a crise social e económica provocada polo Covid 19".
Ningún comentario:
Publicar un comentario