CRISE SANITARIA CORONAVIRUS
AS FARMACIAS DE PONTEVEDRA PERMANECEN ABERTAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA E PIDEN RESPONSABIDADE AOS CIDADÁNS
· O servizo farmacéutico mantense para a adquisición de medicamentos e produtos básicos
· O colectivo farmacéutico fai un chamamento aos cidadáns para que colaboren adoptando as medidas de protección tamén nas farmacias
· Habilitouse a entrega a domicilio de medicamentos de maneira excepcional para persoas que están en situación de illamento nos seus domicilios e carecen de apoio familiar ou profesional que poida desprazarse á farmacia
Infogauda / Pontevedra
As farmacias de Pontevedra permanecen abertas durante o estado de alarma para que os cidadáns poidan adquirir os seus medicamentos e produtos de primeira necesidade as 24 horas do día.
As farmacias prestan un servizo sanitario esencial e, por iso, están exceptuadas da obrigación de pechar ao público.
En consonancia co anterior e a pesar da medida de restrinxir os desprazamentos das persoas durante o estado de alarma, o Goberno permite excepcionalmente aos cidadáns acudir á farmacia.
En moitos casos, as farmacias son o primeiro punto de contacto co sistema de saúde e agora tamén están a ser puntos de detección de casos posibles de COVID-19 ocasionados polo coronavirus SARS- Cov-2. Os farmacéuticos están a demostrar o seu compromiso asistencial e social coa poboación, dando información rigorosa e adecuada, contestando as súas consultas e transmitindo confianza e tranquilidade.
Necesidade de limitar desprazamentos dos cidadáns
Desde o colectivo farmacéutico alertan de que algúns cidadáns poden non estar a facer un uso adecuado da exención de mobilidade e acoden á farmacia máis veces das que son necesarias.
“Son moitos os farmacéuticos que estes días están a transmitirnos a súa preocupación porque algunhas persoas, especialmente persoas maiores, acoden a diario á farmacia, ás veces mesmo máis dunha vez ao día, sen que sexa necesario”, afirma a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo. “As persoas deben concienciarse de que ir á farmacia mentres dure o estado de alarma é algo excepcionalmente permitido para atender á saúde, non unha escusa para saír de casa”, conclúe a presidenta.
Entrega a domicilio de medicamentos a persoas en illamento
Ante a necesidade de asegurar a dispensación de medicamentos e produtos sanitarios ás persoas en illamento, as farmacias están habilitadas pola Consellería de Sanidade para entregar medicamentos no domicilio do paciente mentres dure a declaración do estado de alarma.
Esta entrega limítase a casos de persoas susceptibles de padecer complicacións pola infección por coronavirus SARS- CoV-2 que deben permanecer en illamento no seu domicilio, así como a outras persoas que están en situación de illamento nos seus domicilios e carecen de apoio familiar ou profesional que poida desprazarse á farmacia.
“Hai persoas con tose e dificultade respiratoria que están a ir á farmacia. Estas persoas poden ser portadoras do coronavirus e poden estar diseminándolo, aínda que usen máscara. Pedímoslles que non saian das súas casas e que, se non pode ir outra persoa para recoller os seus medicamentos, chamen á súa farmacia para que o seu farmacéutico achéguellos á súa casa”, solicita a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo.
Evitar a provisión inxustificada de medicamentos
Os farmacéuticos detectaron un aumento de peticións de medicamentos nas farmacias e piden responsabilidade e solidariedade aos cidadáns. “Estas últimas semanas notouse nas farmacias un aumento de peticións de medicamentos. Os cidadáns non deben facer provisión inxustificado de medicamentos nas súas casas. Isto pode provocar desabastecementos e que outras persoas que os necesitan teñan que prescindir de eles”, alerta a presidenta dos farmacéuticos pontevedreses.
Decálogo de recomendacións aos cidadáns
O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra fai un chamamento aos cidadáns para que tomen conciencia da gravidade do momento actual, sexan responsables e colaboren adoptando as medidas básicas de protección nas farmacias e fóra dela.
· Pola túa saúde e a de todos os demais, quédache na casa. Evita os desprazamentos para evitar os contagios.
· Se responsable e solidario, e non utilices ir á farmacia como escusa para saír de casa.
· Mantén a distancia de seguridade, extrema a hixiene de mans e non te toques a cara.
· Acode á farmacia só cando sexa necesario. Pide ao farmacéutico que che dispense toda a medicación que tes dispoñible para evitar ter que volver saír de casa.
· Permanece na farmacia o tempo estritamente necesario para adquirir os medicamentos e produtos de primeira necesidade.
· Dentro da farmacia mantén unha separación mínima de 1 metro coas persoas e co mostrador.
· Atende en todo momento as indicacións dos profesionais da farmacia.
· Non fagas provisión innecesario de medicamentos na túa casa.
· Non fagas caso de bulos. O teu farmacéutico proporcionarache información sanitaria rigorosa e adecuada.
· Se tes tose, febre ou dificultade respiratoria quédache na casa e segue as recomendacións das autoridades sanitarias. Se necesitas medicamentos e non pode ir outra persoa á farmacia para recollerchos, o teu farmacéutico achegarachos á túa casa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario