O Concello de Oia reparte 100 trampas para combater a avespa velutina
En caso de localización dun niño, os veciños e veciñas poden dar aviso para a súa retirada no Concello de Oia ou ben a través da aplicación Línea Verde
Infogauda / Oia
O Concello de Oia repartirá un centenar de trampas e atraentes para combater a invasión da avespa velutina. Este material vai destinado a apicultores das distintas parroquias do municipio.
Ao igual que en anos anteriores, o reparto deste material é totalmente gratuíto para os apicultores e faise aproveitando a chegada da primavera. Esta estación é un dos períodos máis importantes a ter en conta para o control da especie, pois é nese momento no que as raíñas da avespa asiática comezan a formar os seus niños primarios.
O Concello de Oia leva varios anos repartindo este tipo de materiais co obxectivo de axudar a protexer as colmeas da veciñanza para evitar os danos que provoca a presenza da vespa velutina. En total, o ano pasado entregáronse 90 trampas e atraentes, unha cantidade que este ano se incrementa ata chegar ás 100 unidades.
As persoas interesadas en recibir unha trampa poden contactar co Concello nos números de teléfono 986 362 125 e 639 329 493.
Recomendacións no uso de trampas
A cantidade de trampas a colocar nun apiario varía segundo o número de colmeas que se posúan. Por iso recoméndase seguir as seguintes proporcións:
● 1 trampa en colmeares de ata 10 colmeas.
● 2 trampas en colmeares de ata 25 colmeas.
● 3 trampas en colmeares de ata 50 colmeas.
● 4 trampas en colmeares de máis de 50 colmeas.
Estas trampas deberán colocarse soamente en zonas onde se teña detectado presenza de velutinas. O ideal é situalas a unha altura de 1,50 metros e nun radio de 100 metros arredor dos apiarios, en puntos soleados e protexidos do vento.
Retirada de niños de velutina
En caso de localización dun niño de velutina, a Administración local lembra que os veciños e veciñas poden dar aviso para a súa retirada no teléfono do Concello de Oia (986 362 125) ou ben a través da aplicación Línea Verde (para teléfono móbil e tableta).

Ningún comentario:
Publicar un comentario