18 de mar. de 2020

O BAIXO MIÑO

Suspendido o proceso selectivo dun conductor para a Mancomunidade do Baixo Miño 

Dentro das medidas adoptadas con motivo do Covid-19 



Fonte: Concello de Tomiño
  
 A Presidencia da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño fai pública a resolución coas medidas a adoptar polos concellos integrantes desta mancomunidade con motivo da alerta sanitaria polo Covid-19. Entre outras medidas, esta resolución recolle a suspensión da convocatoria para a selección dun conductor que a Mancomunidade do Baixo Miño estaba levando a cabo.  

 Esta suspensión afecta á resolución definitiva de admitidos e excluídos, á publicación da baremación dos méritos por parte do tribunal constituído ao efecto e data, lugar e hora das probas de selección. Pola súa banda, permanecen en vigor o resto dos trámites anteriores a esta resolución con especial fincapé no prazo de presentación de instancias, que en todo caso se da por rematado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario