3 de mar. de 2020

O BAIXO MIÑO

Proxecto de construcción da Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda, entre ás estradas autonómicas PO-552 e PO-350

Á VECIÑANZA DA COMARCA DO BAIXO MIÑO SÉNTESE PREOCUPADA POLO TRAZADO PREVISTO

Infogauda / O Baixo Miño 

 A preocupación que ven xerando o trazado previsto pola Xunta de Galicia, do tramo do vial comprendido entre Goián e Tui, a seu paso por Tomiño, motivou en días pasados unha espontánea convocatoria veciñal mediante ás redes sociais. De tal xeito, que o domingo día 1 de marzo ás 11:00 horas, na antiga Cámara Agraria, de Tomiño, tivo lugar unha asemblea.

 Debido á importancia do tema a tratar, e dado que á veciñanza non se sente arroupada polos representantes institucionais, a devandita asemblea acudiron veciños/as das diferentes parroquias de Tomiño e de concellos limítrofes.

 Logo de escoitar distintas explicacións fixéronse debates sobre o tema, "quedando patente o rexeitamento ao vial, polo trazado previsto", que segundo afirmaron algúns veciños, "divide e rompe absolutamente núcleos de poboación, dificultando e  empobrecendo a calidade de vida dos veciños e impedindo o natural desenvolvemento urbanístico dos núcleos de poboación".   

 Para reflectir este rexeitamento,  acordaron promover unha recollida de firmas para presentar un escrito en conxunto - cuxo modelo reproducimos nesta información -, ademais de que cada un pode ou debe, se así o estima oportuno, facelo individualmente.

 No devandito escrito de rexeitamento, no modelo colectivo, cada veciño/a tentará que asinen o máximo de membros familiares, amigos, compañeiros e todas as persoas que se identifiquen "con este grave problema, que está suscitando", segundo afirmou a este xornal dixital transfronteirizo un portavoz veciñal, "unha grave preocupación colectiva".

MODELO DE ESCRITO DE ALEGACIÓNS

 ESCRITO DE ALEGACIÓNS

 Somos un grupo de veciños e veciñas de Tomiño que legalmente queremos facer constar o noso rexeitamento firme á opción pola que se decantou a Xunta de Galicia para comunicar por estrada a zona do Baixo Miño. Neste momento está en trámite de información pública segundo consta  no D.O.G. nº 27 de data 10 de febreiro de 2020 “O  proxecto de trazado: Reformulación  do  treito PO-350-Goián dA  VAC (Vía Alta  Capacidade) Tui-A Guarda  Treito II: PO-350 (3+760) – PO-552 (12+000), de clave PO/17/161.01.2, durante un prazo de 30 días hábiles a contar desde o día seguinte da súa publicación no D.O.G.   

 ALEGACION:  

 Con respecto ao trazado que se menciona ao principio do documento consideramos que divide e rompe absolutamente núcleos de poboación, dificultando e empobrecendo a calidade de vida dos veciños e impedindo o natural desenvolvemento urbanístico de núcleos de poboación.  

 Por todo iso SOLICITAMOS: 

 • Que se teña por presentado este escrito e por formulada a alegación que contén, que se presenta en tempo e forma, sexa estimada a mesma e modifique no sentido argumentado o proxecto sometido a consulta, adecuándose á obrigada motivación prevista na regulación procedemental que é específica, e téndonos por parte interesada, déanos traslado da resolución que recaia no presente procedemento administrativo. 

 • Retirar o proxecto “O  proxecto de trazado: Reformulación  do  treito PO-350-Goián da  VAC (Vía Alta  Capacidade) Tui-A Guarda  Treito II: PO-350 (3+760) – PO-552 (12+000), de clave PO/17/161.01.2”    

SOLICITAMOS: 

 • Que se teña por presentado este escrito e por formuladas as alegacións que contén, que se presentan en tempo e forma, sexan estimadas as mesmas e modifique no sentido argumentado o proxecto sometido a consulta, adecuándose á obrigada motivación prevista na regulación procedemental que é específica, e téndonos por parte interesada, déanos traslado da resolución que recaia no presente procedemento administrativo. 

• Retirar o proxecto “O proxecto de trazado: Reformulación  do  treito PO-350-Goián da  VAC (Vía Alta  Capacidade) Tui-A Guarda, Treito II: PO-350 (3+760) – PO-552 (12+000), de clave PO/17/161.01.2” 

 Nome a apelidos             Nº de D.N.I.             Sinatura
_________________________________________________
_________________________________________________
_________________________________________________
_________________________________________________

Ningún comentario:

Publicar un comentario