9 de mar. de 2020

DEPORTES

ATLETISMO 

Fantástica fin de semana para a atleta do Club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño

Marcela Morgado Rodríguez proclamouse subcampioa galega sub16, nos 1.000 metros lisos en pista cuberta

No autonómico celebrado en Ourense

Marcela Morgado Rodríguez - a esquerda da imaxe - no podio, coa súa medalla de prata acadada na probas dos 1.000 m.l. en pista cuberta, que a acredita como subcampioa de Galicia na categoría sub16


Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega

 O pasado sábado día 7 de marzo, nosa atleta Marcela Morgado Rodríguez, competiu no Campionato Galego de Atletismo pista cuberta, celebrado no recinto feiral de Expourense, onde se proclamou subcampioa galega sub16 - feminino, na proba dos 1.000 metros lisos, cun sensacional crono de 3´06" 81. Dese xeito a atleta guardesa conseguiu a marca mínima esixida e establecida pola Real Federación Española de Atletismo para disputar o Campionato de España de Autonomías, onde representará á Federación Galega de Atletismo. 


Marcela Morgado Rodríguez, no recinto de Expourense, onde se celebrou  o Campionato Galego de Atletismo en pista cuberta


Moitas felicidades Marcela! 

 A seguir así, traballando para co teu esforzo e constancia, continuar mellorando a túa proxección como atleta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario