Actos conmemorativos do Día Internacional da Muller 2020
Máis de 200 persoas participaron onte na concentración reivindicativa
Vista parcial das persoas que asistiron onte á concentración do 8M na Praza do Reló
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A
Guarda está conmemorando o Día Internacional da Muller 2020 con
diversas actividades que se iniciaron o pasado venres día 6
de marzo cunha charla coloquio e posterior proxección do filme “Unha moza volta para casa soa de noite”, de Ana Lily Amirpour.
Vista parcial das persoas participantes no obradoiro de Biodanza “Danzando pola Igualdade”, impartido na Casa dos Alonso
As actividades continuaron na xornada do domingo 8 de marzo cun obradoiro de Biodanza “Danzando pola Igualdade” que estivo impartido por Sara Rodríguez.
De seguido realizouse a concentración reivindicativa 8M na Praza do Reló, onde se realizou unha actividade en prol da igualdade real entre mulleres e homes, coincidindo co propio Día Internacional das Mulleres e na que participaron máis de 200 persoas. A concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez Marcos, deu lectura a un manifesto feminista. As actividades continúan ata o 3 de abril co programa de Cinema de Muller.

Na imaxe, autoridades municipais xunto a unha representación da veciñanza guardesa, na concentración que tivo lugar o mediodía de onte na Praza do Reló
A concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez Marcos, deu lectura a un manifesto feminista
O salón de actos do Centro Cultural da vila é o escenario para as tres proxeccións do ciclo Cinema da Muller. A primeira delas, como antes indicamos, xa se realizou o pasado venres, pero aínda quedan pendentes as dos días 20 de marzo e 3 de abril.
Todas as proxeccións contan cunha charla coloquio previa ás 20:00 horas, e posterior proxección ás 21:00 horas.
Todas as proxeccións contan cunha charla coloquio previa ás 20:00 horas, e posterior proxección ás 21:00 horas.
O venres día 20 de Marzo de 2020 proxectarase “As Lindas”, de Melisa Liebenthal.
“As Lindas” é un documental dirixido pola novísima Melisa Liebenthal (Bos Aires 1991) que a pesar de ser a súa ópera prima, foi xa premiada na sección Bright Future do Festival Internacional de Cinema de Rotterdam, e na terceira edición Asterisco do Festival Internacional de Cinema LGBTIQ, así como no BAFICI 2016, onde obtivo o premio á mellor directora na competencia arxentina.
Que é belo e que non o é? Melisa aborda os estereotipos de xénero baseándose nun arquivo documental de fotografías vellas onde aparecen ela e as súas amigas, feito que a leva a ter unha excusa para reunirse con elas, gravalas e entrevistalas para coñecer cuais foron as súas vivencias a partir da adolescencia e como as sentiron. Nestos encontros máis que sinceros, Melisa descobre que os medos e angustias que a chegaron en certo punto a obsesionar, foron medos compartidos polo resto das protagonistas nesta viaxe ao pasado e que agora levan a cabo xuntas dende unha perspectiva máis madura.
Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=5hNVr3BE8fw
Para rematar este ciclo Cinema de Muller, o venres día 3 de Abril de 2020 proxectarase “Histeria”, de Tanya Wexler.
Dr. Mortimer Granville (Hugh Dancy) é un xoven médico que constanmente ten problemas cos seus compañeiros polos seus puntos de vista modernos sobre a medicina. Granville é contratado como asistente polo Dr. Dalrymple (Jonathan Pryce), o cal está especializado no tratamento da histeria, un mal diagnosticado comúnmente ás mulleres da época, e que tiña por tratamento masaxes na área xenital para causar “convulsións paroxísticas” que na verdade eran orgasmos.
Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=MOzK5V0REz8
Ningún comentario:
Publicar un comentario