COMUNICADO DE TRANS MIÑO-LGTBIQ+ CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
"NIN UN PASO ATRAS"
Trans Miño LGTBIQ+ / A Guarda
O día 8 de Marzo se conmemora o Día Internacional da Muller. A historia dinos que o motivo deste Día Internacional da Muller, remóntase a mediados do século XIX, en plena revolución industrial. O 8 de marzo de 1857, miles de traballadoras téxtiles decidiron saír ás rúas de Nova York co lema 'Pan e rosas' para protestar polas míseras condicións laborais e reivindicar un recorte do horario e o fin do traballo infantil. O incendio dunha fábrica de camisas de Nova York no que morreron 146 persoas marcou a loita polos dereitos da muller.
O Día Internacional da Muller do 8 de marzo foi declarado polas Nacións Unidas en 1975. Parece mentira que despois de dúas décadas o progreso non haxa sido para a mellora das condicións laborais e de convivencia das mulleres. Seguen existindo os mal chamados micromachismos que son machismos igualmente. Segue existindo ese teito de cristal que non se racha por intereses.
E todo isto agrávase aínda máis se a túa condición sexual non é a heteronormativa, sendo a inda máis castigada, as responsabilidades devén de ser igualitarias, a caso unha muller non vale igual que un home para o traballo, ou para dirixir unha empre-sa, unha fabrica, un país?
Quitémonos a venda que tapa os nosos ollos e axudemos aos demais a quitarse esa venda para xuntos gritar de forma clara e moi alta BASTA XA, a igualdade é en todos os sentidos e en todxs as direccións.
Por iso non demos NIN UN PASO ATRÁS pola igualdade dos dereitos e condicións, das persoas LGTBIQ+ que fomos conseguindo día a día, pasos grandes que quedaron na historia marcados como, a despatoloxización como enfermidade, a lei de matrimonio igualitario, para que podamos saír á rúa sen esconderse nin preocuparse do que dirán, e darnos un bico en sitios públicos con toda a normalidade. Agora tócanos loitar para que a educación dos que veñen detrás nosa sexa totalmente inclusiva, e non nos digan o que lle podemos ou non podemos ensinarlles nos centros educativos aos nosos nenxs. NIN UN PASO ATRÁS en defender os nosos dereitos e á igualdade das persoas LGTBIQ+.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario