10 de mar. de 2020

TOMIÑO

Aprazamento da 17ª Mostra de Cultivos  




Infogauda / Tomiño

 A Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e o Concello de Tomiño veñen de comunicar que vense “na obriga de aprazar a celebración da 17ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño, unha vez constatado que a práctica totalidade dos profesionais que ían asistir ao evento esta fin de semana, que proceden de Italia, Portugal, Madrid ou Valencia, entre outros, algúns dos focos principais do Covid-19, cancelaron a súa asistencia por este motivo.  

 Trátase dunha decisión tomada no marco do protocolo de prevención e contención de contaxios por coronavirus. Tamén recolle as inquedanzas das compañías que manteñen relacións comerciais coas empresas do Baixo Miño e que cada ano visitan a Mostra, que recomendaban a cancelación de toda viaxe de carácter profesional. 

 Este aprazamento prodúcese sine die. Daranse a coñecer a novas datas de celebración da 17ª Mostra de Cultivos cando a situación sanitaria se regularice.

Ningún comentario:

Publicar un comentario