5 de mar. de 2020

A GUARDA

MARÍA SALINAS E BERTO "PIRATA" PRESENTAN O LIBRO SOLIDARIO ELEFANTES DE PAPEL II

O sábado día 7 de marzo, ás 20:00 horas, no Centro Cultural da vila

 María Salinas e Berto "Pirata", asinando exemplares dos seus libros
Foto: E.de P.



Infogauda / A Guarda
  
 O vindeiro sábado, 7 de marzo ás 20:00 horas, o Centro Cultural da Guarda acollerá unha nova presentación do libro solidario Elefantes de papel II, un compendio de relatos curtos de diversa temática en galego e castelán. 

 Este evento vai acompañado dun proxecto solidario centrado na figura da muller que nace coa intención de recadar fondos para a asociación sen ánimo de lucro Conrazones, e para dúas mulleres guerreiras: Gema Carrasco, voluntaria nos campos gregos de refuxiados e Esther Rey, defensora do cumprimento das penas contra os malos tratos animais a través da súa asociación Imos Quin. 

 María Salinas García e Berto "Pirata", autores desta iniciativa, levarán a cabo diversas presentacións en todas as provincias da nosa comunidade autónoma durante os meses de xaneiro a xuño e a partir de xullo e agosto percorrerán as cincuenta e dous capitais de provincia do estado nunha furgoneta que están  camperizando a modo de vivenda. 

 Do mesmo xeito que en 2018 coa presentación do primeiro volume de Elefantes de papel co que levaron a cabo cincuenta e dúas presentacións en cinco meses, a intención desta ferramenta solidaria é mellorar os pequenos mundos que nos rodean.

Ningún comentario:

Publicar un comentario