A unidade móbil de doazóns de sangue visitará proximamente á vila guardesa
Estará instalada na rúa Rosalía de Castro, o luns 6 de abril, de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas
Infogauda / A Guarda
A crise sanitaria que estamos a vivir nestes tempos de incertezas, é unha oportunidade para amosar o mellor do ser humano. Un bó xeito de facelo é permanecendo nos nosos domicilios, como nos indican ás autoridades competentes desde que foi decretado o estado de alarma, para entre todos contribuir a frear á expansión do COVID-19 e así protexernos e protexer aos nosos semellantes.
Con todo, como é de dominio público, por causa da pandemia do devandito coronavirus, os hospitais están atendendo máis pacientes que nunca, e ainda que foron aprazadas algunhas cirurxías, non por iso deixaron de necesitar repoñer existencias nos bancos de sangue. Por ese motivo temos unha boa oportunidade de colaborar ao coidado da saúde colectiva. E podemos facelo acudindo a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia que unha vez máis visitará a vila de A Guarda, o vindeiro luns día 6 de abril. Estará emprazada na rúa Rosalía de Castro - a carón do Centro Cultural -, de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas.
É NECESARIO CHAMAR PREVIAMENTE AO TELÉFONO GRATUITO 900 100 828
Dadas ás circunstancias actuais, todas
as persoas que desexen doar sangue deberán chamar antes da devandita data, ao teléfono gratuíto
900 100 828.
O sistema de cita previa reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón, e tenta garantir unha afluencia axeitada e ordeada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.
OS HOSPITAIS GALEGOS PRECISAN CADA DÍA 500 BOLSAS DE SANGUE
O sistema de cita previa reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón, e tenta garantir unha afluencia axeitada e ordeada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.
OS HOSPITAIS GALEGOS PRECISAN CADA DÍA 500 BOLSAS DE SANGUE
Compre relembrar que grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia está á facilitar a todos os cidadáns, o xesto solidario de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.


Ningún comentario:
Publicar un comentario