Nova oferta formativa
Curso de Lingua de signos II, a través da OMIX
Infogauda / A Guarda
A OMIX do Concello de A Guarda, dentro das accións formativas para o ano 2020, organiza un curso de lingua de signos cunha duración total de 30 horas.
O curso de lingua de signos impartirase a partir de abril, os luns e xoves de 19:00 a 21:30 cunha duración de 30 horas. A cota por participante será de 20 euros.
Desde o Concello indican que “este ano e tal e como indica o título o curso será a continuación aos cursos de iniciación que se teñen realizado en anos anteriores polo que recomendamos que a esta actividade se inscriban persoas con algunha formación aínda que sexa básica en lingua de signos”.
Toda a información e inscricións poderase atopar na OMIX, a través do teléfono 986 610 000, no correo electrónico: informacion@aguarda.es ou no perfil de Facebook de OMIX A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario