A libraría Cartabón acollerá a presentación en Vigo do libro-cd 'O colo das palavras. Umha grainha de Semente'
No acto, que comezará este venres ás 19:00 horas, intervirá o escritor Antón Cortizas e actuarán os músicos Cé Orquestra Pantasma e Servando Barreiro
Infogauda / Vigo
A libraría Cartabón de Vigo (Urzaiz, 125) acollerá este venres 7 de febreiro a partir das 19:00 horas a presentación do libro-cd 'O colo das palavras. Umha grainha de Semente'. No acto, organizado polo proxecto educativo Semente Vigo, intervirá un dos autores do volume, o escritor Antón Cortizas, e actuarán os músicos Cé Orquestra Pantasma e Servando Barreiro.
'O colo das palavras' é unha escolma de 16 poemas escritos por Antón Cortizas e Antía, Rosalía e Catarina Cortizas Leira que foron musicados por Óscar Fojo Lamas, João Afonso, Sílvia Fojo, Cé Orquestra Pantasma, Xurxo Souto (Laura Rabizal), Manolo Bacalhau, Guadi Galego, Tanxugueiras, Sofía Espiñeira, CAXADE, Uxía Domínguez, Sara Vidal, Fatado do Colo (Leandro Lamas, Silvia Fojo, Paula Fojo, Lorena Montero) e Xoán Padín. O libro-cd complétase con ilustracións do artista naronés Leandro Lamas.
O proxecto xurdiu da prolífica mente de Antón Cortizas, que colabora coas escolas de ensino galego Semente, e conta coa inestimable participación altruísta dos e das músicas que poñen voz a este traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario