5 de feb. de 2020

DEPORTES

ATLETISMO

OS DEPORTISTAS DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA BRILLARON NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS DE XOGADE

O máis destacable foron dous ouros, unha prata, dous bronces, obtidos individualmente; así como un ouro e unha prata, por equipos 

No centro da imaxe, Marcela Morgado Rodríguez (ouro) e a dereita da foto, Uxía Rodríguez Huertas (bronce), compartindo podio


Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega

 Esta pasada fin de semana no Parque de Castrelos (Vigo) o club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, acreditou o gran momento de forma que atravesan actualmente todos os seus atletas, brillando con 5 pódiums individuais e 2 por equipos, sendo o máis destacado a nivel individual de toda a provincia de Pontevedra, no Campionato Provincial de Xogade de Campo a Través, organizado pola Secretaría Xeral do Deporte da Xunta de Galicia. 

 En xornada de mañá, o Parque de Castrelos sería o epicentro do evento, coa participación de máis de 1.300 escolares, de 117 colexios e clubs repartidos nas categorías,  benjamines, alevíns, infantís e cadetes de toda a xeografía da provincia. 

 Despois de facer todas as fases zonais dos seus respectivos concellos, reuníronse en Vigo, os 8 mellores clasificados individuais e os 2 mellores equipos, para disputar a segunda fase, que lle deu o billete para acceder ao autonómico, onde os  benxamins xa acabaron a súa fase final, seguindo só adiante ao galego os alevíns, infantís e cadetes. Os equipos réxense polas mesmas normas que os individuais. 

 O máis destacable foron os dous ouros, unha prata, dous bronces, obtidos individualmente; así como un ouro e unha prata, por equipos. 

 Ata o Parque de Castrelos, o noso club levou 16 atletas que participaron nas diferentes categorías, destacando as seguintes actuacións e podios, respectivamente. 

-Categoría cadete feminino (individualmente):                            
1ª clasificada e campioa provincial, Marcela Morgado Rodríguez (ouro).   
3ª clasificada Uxía Rodríguez Huertas (bronce).               



No centro da imaxe, Álex Sierpes Pereira (ouro) e a esquerda da foto, Christian Sierpes Pereira (prata), compartindo podio


-Categoría infantil masculino:                              
1º clasificado e campión, Álex Sierpes Pereira (ouro).                            
2º clasificado e subcampión provincial, Christian Sierpes Pereira (prata).

A dereita da imaxe, Carmen Magallanes Pérez, que acadou medalla de bronce

-Categoría Infantil feminino:                          
3ª clasificada, Carmen Magallanes Pérez (bronce). 

Atletas do equipo cadete feminino que acadou medalla de ouro


Por equipos: 1º clasificado e ouro, o equipo cadete feminino, composto por: Marcela Morgado Rodríguez, Uxía Rodríguez Huertas, Antía Rodríguez Otero e Lara Rodríguez Martínez, sumando un total de 14 puntos                                 
 
Atletas do equipo infantil feminino que acadou medalla de prata


 E a prata por equipos obtívoa o equipo infantil feminino, formado por: Carmen Magallanes Pérez, Mara Romeu Vicente, Elisa Morgado Rodríguez, Carla Rocha Bautista e Aina Bolez Díaz,sumando 44 puntos. 

 Con este importante resultado, o club segue dando mostras de que continúa ben en liñas xerais. Que a historia que ten detrás, obríganos a facer as cousas ben, con moito compromiso e a non relaxarnos. Con traballo e constancia, ensinando que temos unha gran escola, que segue formando e fabricando campións con moito talento, seguindo un ano máis, coándose cos mellores, quedando por diante de moitas escolas e clubs máis poderosos que o noso. 

 Por último, felicitar ao corpo técnico de atletas, desexándolle un bo desenlace dentro dunhas semanas na fase autonómico escolar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario