SOCIALISTAS DE TOMIÑO COA SANIDADE PÚBLICA GALEGA
O vindeiro domingo 9 de febreiro o GRUPO SOCIALISTA de TOMIÑO pon a disposición das veciñas e veciños, un autobús gratuito para acudir en Santiago á manifestación convocada polo colectivo SOS Sanidade Pública contra o deterioro da Atención Primaria, o desmantelamento dos Hospitais Públicos, as interminables listas de espera e a precariedade dos traballadores e traballadoras. As prazas están limitadas e reservaranse por estricta orde de chamada no teléfono 667 916 360.
O noso compromiso está claro como demostramos sempre. Polo que pedimos ao Concello de Tomiño que cumpla tamén coa veciñanza e facilite autobuses a todas aquelas persoas que desexen participar na manifestación e, así, favorecer a mobilidade a quen poida ter máis dificultades. Non se defende a sanidade nas fotos senón ao lado dos veciños e veciñas.
Un dos sinais de identidade do PSdeG- PSOE foi e será, sempre, a defensa da SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA fronte ao retroceso e os recortes que sufre por parte do Goberno da Xunta de Galicia.
Recentemente puidemos comprobar o intento de desmantelamento dun servizo público como é o paridoiro de Verín. Gracias a presión veciñal, que dende o primeiro momento apoiamos sen ningún tipo de dúbidas, foi posible paralizar unha medida que atenta directamente contra o noso sistema sanitario público.
Estivemos no 2015 na manifestación en Vigo contra a privatización encuberta do Cunqueiro e estivemos na do 2018 contra os recortes na Atención Primaria.
Polo que, na Agrupación Socialista de Tomiño apoiamos a mobilización cidadá convocada para o domingo 9 de febreiro en Santiago de Compostela, en DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA, e participaremos nas actividades adicadas a defender a mellor sanidade pública para Galicia.
Sanidade pública de calidade para todas e todos!!!!!!
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario