ACTIVIDADES DA PLATAFORMA SANIDADE PÚBLICA
A Plataforma SOS Sanidade Pública da área de Vigo convoca aos medios de comunicación a un acto de reparto na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, o martes 4 de febreiro, ás 11 da mañá, no que se farán declaracións mostrando as razóns do apoio da Plataforma SOS Sanidade Pública da área de Vigo á Manifestación do domingo 9 de febreiro en Compostela e se presentará un acto público que se realizará o xoves 6 de febreiro, ás 7 da tarde na Casa Galega da Cultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario