Tres días de troula para festexar o Entroido no Rosal
Ao desfile polas rúas do centro súmase o carnaval de Fornelos e Novás, con actividades como a tradicional ‘Corrida do galo’ e as ‘Frixidelas’
Infogauda / O Rosal
O Rosal prepárase para vivir tres días de troula para festexar o Entroido no que raíces ancestrais convivirán coas novas tradicións. A festa comezará o próximo domingo 23 co habitual desfile de Carnaval, no que carrozas e comparsas percorrerán a partir das 11.00 horas a rúa Xulio Sesto, desde a Rotonda da Feira e a rúa Ramón Franco, ata o cruce coa Lomba. A orde de saída de persoas e grupos participantes no desfile será:
- Disfraces individuais modalidade infantil.
- Disfraces individuais modalidade xuvenil-adulto.
- Grupos.
- Comparsas.
- Carrozas.
- Comparsas e carrozas do entroido tradicional do Rosal.
Para facilitar o transcurso do desfile, o Goberno Municipal lembra a todos os rosaleiros e rosaleiras que non se poderá estacionar nas rúas Xulio Sesto e Ramón Franco dende as 08.00 ata as 15.00 h do domingo.
Ese será o pistoletazo de saída a un carnaval que continuará xa o domingo pola tarde nos barrios cunha programación cargada de actividades para toda a veciñanza.
Fornelos comezará o seu tradicional festexo do Entroido o domingo ás 16.30 h con pasacalles polo barrio, co grupo de gaitas A Boalleira e, a partir das 17.00 h, actuacións para nenos/as con inchables e touro mecánico.
Dende as 21.00 h ata a madrugada, gran verbena amenizada polas agrupacións Sorala e Nievla.
O luns 24 a partir das 16.00 h a Praza de Fornelos converterase no escenario da tradicional ‘Corrida do galo’ e a partir das 21.30 h de novo verbena con Saudade e D’Paso.
O martes 25 será a quenda das ‘Frixidelas’ a partir das 16.00 h, que rematará con degustación para todos e con actuación sorpresa ás 19.30 h.

Pola súa banda, Novás arrancará o seu particular Entroido coa Subida do maio (domingo 23, ás 16.30 h), unha tradición centenaria recuperada neste barrio e que dará paso aos xogos populares e ao chocolate quente e á rosca para todo o público.
O luns 24 tamén a ‘Gran corrida do galo’ será a protagonista, mentres que o martes 25 o será a tradicional ‘Frixidela’ con pan de millo e viño para todos a partir das 18.00 h. A traca final, será coa música de Roberto Caco.

O Concello do Rosal quere recoñecer o gran traballo que fai a veciñanza para que Carnaval e Entroido tradicional convivan dun xeito tan harmonioso nunha festa “con grande arraigo, trascendencia e seguimento social, que alimenta o bo ambiente e materializa esa retranca que tanto nos caracteriza”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario