A Plataforma SOS Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo apoia ás concentracións nos centros de saúde
A Plataforma SOS Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo, fai público o seu apoio ás concentracións que se están a facer nos centros de saúde, os xoves ás 12 da mañá e ás 6 da tarde, en defensa da dignidade na Atención Primaria.
Desde as Plataformas locais de Cangas, Moaña e A Guarda xa se está participando nas concentracións que se realizan en demanda de mellores condicións para a Atención Primaria.
Unha representación da Plataforma SOS Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo estará presente na concentración que se celebrará diante do Centro de Saúde de Bembrive (Estrada de Bembrive, 259, 36214 Vigo) do xoves 13 de febreiro ás 12 da mañá.
Vigo, 12 de febreiro de 2020
Manuel González Moreira
Ningún comentario:
Publicar un comentario