4 de feb. de 2020

MOVEMENTOS SOCIAIS

O Colectivo de Emigrantes Retornad@s do Baixo Miño: case 7 anos de loita e non deixa a rúa  

De esq. á dereita: o presidente da asociación Marusía, Xosé Lois Leirós; o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego; e a deputada Montse Prado  
Vista parcial dos asistentes no encontro en Vilagarcía de Arousa


Informa (fotografías e redacción): Plataforma Emigrantes Retornad@s do Baixo Miño

 O pasado sábado a Cordinadora Nacional de Emigrantes Retornad@s de Galiza da cal forma parte a Plataforma Emigrantes Retornad@s do Baixo Miño, mantivo un encontro co deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, en Vilagarcía de Arousa, acompañado da deputada Montse Prado e o presidente da asociación Marusía, Xosé Lois Leirós, para coñecer de primeira man o punto alcanzado no acordo de investidura coa intención de  solucionar a “estafa” aos nosos emigantes que traballaron noutros países e contribuíron tamén ao desenvolvemento económico de Galiza.   

 Así a todo o colectivo non cesa a súa loita  que dura xa case 7 anos mentras non teñan a súa merecida solución. Convocan unha concentración na comarca que terá lugar o vindeiro 9 de febreiro, ás 11:00  horas, na praza da Inmaculada de Tui. Máis unha vez voltarán  coas súas xustas reivindicacións, pois desde 2013 facenda séguelles "roubando" gran parte das pensións inxustificadamente, o cal está esgotando a súa paciencia.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario