A CIG-Saúde denuncia a falta de cobertura de médico/a no PAC de Moaña o domingo 16 de 15:00 a 22:00 horas
Dende a central lembran que neste horario o centro conta habitualmente con dobre equipo facultativo/a-enfermeiro/a
Infogauda / Moaña
Infogauda / Moaña
A
federación de Saúde da CIG de Vigo vén de denunciar que o Punto de
Atención Continuada (PAC) de Moaña quedou sen falta de cobertura de
persoal médico o pasado domingo 16 de 15:00 a 22:00 horas, cando o
habitual neste horario é que haxa un dobre equipo
facultativo/a-enfermeiro/a. Dende a central critican que esta falta de
cobertura non se produciu como consecuencia dunha ausencia imprevista, “senón que era coñecida con antelación pola xerencia”.
Durante
ese período de tempo o centro estivo atendido cun equipo completo e
cunha enfermeira a maiores, que en caso de saída do equipo quedaría soa
no centro tendo que resolver os problemas médicos que entran no centro
ou as asistencias fóra do centro que se puideran dar. “Lembramos que
esta situación deixa a traballadora nunha situación de indefensión,
porque como é coñecido o colectivo de enfermaría non pode prescribir
medicación, xa que precisa a orde dun facultativo/a”.
Como
consecuencia, a localidade quedou con menos atención médica da
habitual, por debaixo das necesidades da poboación e coa conseguinte
sobrecarga do persoal médico que realizaba traballo no centro.
Os
traballadores/as do centro de saúde amosaron a súa preocupación polo
acontecido e temen a que se poida repetir a non cubrir ausencias, “sobre
todo cando a fin de semana do 1 de marzo se vai ter lugar a OPE de
Medicina de Familia e Comunitaria e o boa parte do persoal médico dos
PAC vai realizar as probas xa que unha proporción elevada é eventual; e
cando, ademais, coincide coa celebración do Entroido”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario