Faladoiro no IEM "Pesqueiras en Groenlandia"
Xoves 20 de febreiro de 2020 ás 19:30 h., no local do IEM Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10, GONDOMAR
Presenta Xosé Ramón García biólogo, membro da Xunta de Goberno do IEM
Adriana Nogueira Ganset, científica e doutora en bioloxía
IEM / Gondomar
O próximo xoves día 20 de febreiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), Aula de Cultura Ponte de Rosas, en Gondomar, un faladoiro da científica e doutora en bioloxía, Adriana Nogueira Ganset sobre "Pesqueiras en Groenlandia". Será presentada polo biólogo, membro da Xunta de Goberno do IEM, Xosé Ramón Garcia. O faladoiro será ás 19:30 h., unha hora antes do horario tradicional nos faladoiros do IEM por cuestións de axenda da nosa convidada.
Adriana Nogueira fixo a súa tese de doutoramento co traballo titulado "Changes in the overexploites demersal fish assemblages in the Northwest Atlantic: the Southern Gran Banks and the Flemish Cap", dirixido por Xabier Paz, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo do IEO, e Bernardino González-Castro, profesor titular do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Facultade de Ciencias do Mar, da Universidade de Vigo, e foi defendida o dia 24 de marzo de 2017.
Adriana Nogueira traballa actualmente no Instituto de Recursos Naturales de Groenlandia, donde forma parte do Departamento de Pescado e Marisco. Está involucrada na evaluación de stock de halibut de Groenlandia occidental en alta mar (divisions NAFO 0 y 1), e investiga en ecoloxía pesqueira.
Atención: Horario: 19:30 h. no local do IEM, Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 (Gondomar).
Ningún comentario:
Publicar un comentario