3 de feb. de 2020

DEPORTES

ATLETISMO

MILU RODRÍGUEZ BAZ, PROCLAMOUSE CAMPIOA GALEGA MASTER -40 

No 10km no  XXXII Campionato Autonómico de Marcha en Roteiro celebrado en Marín

Milu Rodríguez Baz - a dereita da imaxe - no máis alto do podio
Foto: José Suárez

Informa (fotografías e Redacción): Sociedade Atlética do Trega
 
 O Concello de Marín, acolleu este pasado sábado o evento de marcha atlética, pasada por auga en xornada de tarde.

 Ata alí desprazouse a nosa marchadora Milu Rodríguez Baz, que participou no 10km, no circuíto homologado de 1 km pola  RFEA, onde tivo que dar 10 voltas seguidas no mesmo perímetro disputado entre os participantes do Sub 18, Sub 23,  Senior e Máster (mixto). 

Milu Rodríguez Baz, no decurso da carreira de onte na vila marinense


 A nosa marchadora, conseguiu unha sensacional 14ª posición da xeral e 1ª clasificada Máster – 40 feminino, cun rexistro de 59´1", facendo mellora da súa marca persoal. 

Lara Álvarez Fernández  a dereita da imaxe - en plena carreira polas rúas de Marín


 Doutra banda, tamén tivemos a participación da goianesa Lara Álvarez Fernández, na categoría Sub 16 (mixta) onde debutou na distancia de 5km, conseguindo unha 19ª posición na xeral e 12ª na súa categoría, parando o crono con 33´01". 

 Felicidades mozas! A seguir traballando para ter a marcha atlética viva no Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario